Información
Localidades de Galicia

En Marea PNL Conxunto histórico “Oia-Arrabal Vila Mariñeira”

Información
10 Marzo 2019 225 votos
1 1 1 1 1 1 1 1 1 1

O pasado Mercores 6 de Marzo, Movemento Oia a través das deputadas de En Marea no parlamento de Galicia, presentou un Proposición non lei para aprobar a proposta de Conxunto histórico “Oia-Arrabalde Vila Mariñeira”.


Adheríronse á mesma o PSOE e o BNG e foi rexeitada polos votos do Partido Popular no parlamento de galicia. Lamentamos que a Alcaldesa de Oia do mesmo partido, non fose capaz de defender esta proposta ante os seus, cando foi aprobada por unanimidade polo Pleno do Concello. 
Desde Movemento Oia queremos incidir na importancia desta proposta e a necesidade de perseverar na mesma polo alto potencial que ten para o desenvolvemento do municipio.
Ante a escaseza de traballo na zona, sendo os alicerces económicos de Oia os sectores primarios, mar e agricultura, e podendo explotar o potencial turístico que temos, un posible motor económico que xere emprego e fixe poboación. 
O ser Conxunto histórico permitiríanos acceder a subvencións coas que poñer en valor o noso patrimonio, posicionarnos como destino turístico cultural cunha oferta de calidade para atraer a turistas de maior poder adquisitivo e unha maior proxección a través do camiño de Santiago portugués.
Trátase por tanto de potenciar este sector, mediante un proxecto sustentable para fomentar o turismo cultural, de natureza e de aventura, do que se beneficiaría todo o Concello de Oia, a rexión do Baixo Miño e o Val Miñor pois se trata dunha oferta complementaria á existente. Maior oferta supón tamén un maior atractivo turístico e máis posibilidades de aumentar as pernoitas en toda a rexión ca repercusión económica que iso representa.
Existe Historia e riqueza cultural suficiente en Oia, para aprobar esa catalogación por parte da Xunta de Galicia, e isto implicaría a realización dun plan parcial para a delimitación da zona histórica coa peonalización, e mellora de todo o patrimonio ao realizar un plan de desenvolvemento e implicar a todas as administracións.
Preténdense recuperar a Camboa, unha zona verde ao longo do rio Lavandeira (con recuperación dos muíños), definir áreas dotacionais para un centro de maiores, zonas recreativas e aparcadoiros que permitan ao turista visitar Oia e namorarse desta paisaxe e esta cultura. 


En definitiva, ser unha vila referente do camiño portugués dá costa e de obrigada visita para o turista como o son por exemplo: Allariz, Combarro, Tui ou Baiona, sempre salvando as distancias pois en definitiva, trátase de realizar un proxecto único, e especial, evidentemente debido ás características da paisaxe e os monumentos que se atopan en Oia.


Trátase dun proxecto que permite poñer as bases do noso desenvolvemento e que o investimento que se realice sexa útil de forma que dita investimento sexa rendible.
A pesar de todo o labor realizado polas diferentes administracións a realidade é que Oia non ten nin saneamento en condicións nin auga o que limita enormemente o desenvolvemento. Se non se prevee o desenvolvemento gástanse millóns de euros nun saneamento que non funciona e que non soporta o aumento de volume. Por poñer un exemplo, en Baiona, a instalación da depuradora sí prevee ese desenvolvemento e por iso non queren que se conecte oia porque implicaría lastrar parte do seu desenvolvemento.
Movemento Oia, aposta por un desenvolvemento sustentable para o que son necesarias innumerables melloras pois Oia, atópase abandonada polo Partido Popular que só realiza o mínimo esforzo e moitas veces nin iso para cumprir coa legalidade Europea, e deixando escapar moitas oportunidades por falta de visión política. 
Só dende as institucións pódese conseguir reverter esta situación, por iso necesitamos o apoio da cidadanía. 
Tanto Movemento Oia como En Marea atopámonos na loita por reverter os recortes de servizos públicos e sociais e comprometidos co desenvolvemento de Galicia.



Movemento Oia
Marzo 2019