Información
Localidades de Galicia

Só 6.000 de 69.000 contratos asinados en febreiro foron indefinidos

Información
05 Marzo 2019 510 votos
1 1 1 1 1 1 1 1 1 1

A precariedade, a temporalidade e os baixos salarios seguen instalados no mercado laboral en Galiza. Os datos referidos ao mes de febreiro así o confirman xa que o 90% dos contratos asinados foron temporais, sen que influíra na evolución do emprego a leve suba do SMI que a CIG ten denunciado, demandado que fora de, como mínimo, o 60% do salario medio atendendo o que indica a Carta Social Europea.

 

O mes de febreiro rematou con 173.709 persoas rexistradas como paradas nas oficina do SEPE en Galiza, un 0,62% menos que no mes de xaneiro (1.091 persoas).  A nivel estatal o paro medrou un 0,10%, 3.279 persoas máis. É unha evolución similar a anos anteriores porque o mes de febreiro sempre se caracterizou por pequenas variacións, poden ser de alza ou de baixa do desemprego: Este ano non foi unha excepción, nin en Galiza nin no estado español.  

Esta similitude con anos anteriores, evidencia claramente como o “insuficiente” incremento do Salario Mínimo Interprofesional (SMI) non tivo incidencia na evolución do emprego. Neste sentido, o secretario confederal de Emprego, Fran Cartelle apunta que “é a evolución da actividade económica, e non os salarios, o que marca a creación de emprego, contradicindo claramente as previsións catastrofistas dalgunhas institucións como a Comisión Europea e o Banco de España que alertaban da forte caída do emprego por esta suba”.

Empobrecemento da clase traballadora

Para CIG “non só e necesaria esta suba senón que é insuficiente, tanto para o medre da actividade económica (a maior salario, maior consumo e polo tanto maior creación de emprego) senón como un factor determinante para reducir a pobreza e a exclusión social que se incrementou exponencialmente nos últimos anos”, sinala Cartelle.

Tamén os datos de afiliación á Seguridade social, apuntan na mesma tendencia, en febreiro medrou a mesma un 0,5%, porcentaxe similar a febreiro de 2018. Son 997.310 a afiliación media no mes de  febreiro.

A nivel sectorial, tamén a evolución se asemella a anos anterior, onde máis descendeu o desemprego porcentualmente  foi na Construción (-2.95%), seguido de Industria (-1,09%9 e servizos con 0,45% persoas desempregadas menos).

Temporalidade

No que atinxe  á contratación, mantense a tónica de anos anteriores, tan só o 10% dos 68.820 contratos asinados neste último mes foron indefinidos o que “constata a existencia dun número moi elevado de traballadores e traballadoras que entran e saen do mercado de traballo continuamente con contratos de moi escasa duración o que eleva as cifras de contratos independentemente de como evolucione o emprego neto”.

O secretario confederal de Emprego responsabiliza desta situación ás nefastas políticas económicas e ás inexistentes políticas de emprego do goberno de Núñez Feijoo, que abandonou o sector industrial á súa sorte, como nos casos de Ferroatlántica e Alcoa, entre outras.

Puedes seguir este artículo en; @cayetanaAT @FeijooGalicia @_MartaGonzalez_ #secretariademedios @pp @ppdeg #ppdegalicia @xunta #xunta #retegal #amtega #eleccionesxunta @IdiazAyuso @idiazayuso2019 #retegal #amtega #bng #psdeg #enmarea #ciudadanos #feijoogalicia #galiciafeijoo @TurismoGalicia @Turgalicia @TurismoGalicia1) @turismoriasbaixas @PresumeDGalicia
@ppdegalicia #turismogalicia #costadamorte #xunta #xuntadegalicia #pp #ppdeg #ppdegalicia #riasbaixas #riasaltas #costadamorte #islascies #ascatedrais #ribeirasacra #ribeirasacra #vigo #lavozdegalicia #lacozdegalicia #mermeleros #cloacasperiodismo #TEM_RistoMejide #RistoMejide #TEM #FeijóoConVox #GaliciaSuma #EspañaSuma #EvoMorales #Bolibia #galiciafeijoo #feijoogalicia #turismogalicia #FeijóoConVox.

Que teñen preguiza. Nunca quixeron traballar:  Denuncia; Envíanos los datos a holgazan@acciónytransparenciapublica.com     mais sobre preguiza..+