Información
Localidades de Galicia

O Goberno da Deputación apoia os éxitos do Club de Remo Ribadeo cunha achega de 14.000 euros

Información
27 Febrero 2019 735 votos
1 1 1 1 1 1 1 1 1 1

- O Executivo Provincial colabora coa entidade ribadense para sufragar os gastos derivados da tempada e a compra de 10 ergómetros para o adestramento no interior- O Executivo Provincial colabora coa entidade ribadense para sufragar os gastos derivados da tempada e a compra de 10 ergómetros para o adestramento no interior- Campos Conde lembrou que “estamos comprometidos co deporte e cos nosos deportistas, independentemente da modalidade que practiquen. Por iso, somos a administración galega que máis inviste neste ámbito na provincia de Lugo”- O club conta con 24 rapaces de entre os 10 e 18 anos, que acadaron numerosos éxitos deportivos en campionatos provinciais, galegos, nacionais e internacionais


O Presidente da Deputación, Darío Campos Conde, mantivo un encontro cos deportistas do Club de Remo de Ribadeo nas instalacións da Casa das Algas, para avanzar as novas colaboracións do Executivo Provincial coa entidade deportiva mariñá. No acto tamén participou o Presidente do club, Miguel Balsa Lombardero. Campos Conde explicou que “achegamos un total de 14.000 euros ao club para contribuír a sufragar os gastos derivados da tempada, así como a compra de 10 ergómetros cos que facilitar o adestramento no interior das instalacións, sen que a meteoroloxía ou as mareas supuñan un impedimento para a práctica deportiva”.
Aínda que naceu hai só 5 anos, o club leva colleitados numerosos éxitos grazas aos 24 rapaces e rapazas que participan nel. Algúns dos máis destacados foron as 6 medallas na 13ª Regata internacional Ponte Amizade, que se celebrou en Vilanova de Cedeira, Portugal; ou a terceira posición no Campionato de España de Larga Distancia, disputado en Castrelo de Miño este mesmo febreiro, que conseguiron Nerea Lago e María Coriña na categoría Cadete; Nerea Lago tamén se proclamou en xaneiro campioa  Galega e de España de remoergómetro na súa categoría en torneos celebrados en Coruña e Ourense, respectivamente.
O Presidente lembrou que “dende o Goberno da Deputación estamos comprometidos co deporte e cos nosos deportistas, independentemente da modalidade que practiquen. Por iso, somos a administración galega que máis inviste neste ámbito na provincia de Lugo”.

Puedes seguir este artículo en; @cayetanaAT @FeijooGalicia @_MartaGonzalez_ #secretariademedios @pp @ppdeg #ppdegalicia @xunta #xunta #retegal #amtega #eleccionesxunta @IdiazAyuso @idiazayuso2019 #retegal #amtega #bng #psdeg #enmarea #ciudadanos #feijoogalicia #galiciafeijoo @TurismoGalicia @Turgalicia @TurismoGalicia1) @turismoriasbaixas @PresumeDGalicia
@ppdegalicia #turismogalicia #costadamorte #xunta #xuntadegalicia #pp #ppdeg #ppdegalicia #riasbaixas #riasaltas #costadamorte #islascies #ascatedrais #ribeirasacra #ribeirasacra #vigo #lavozdegalicia #lacozdegalicia #mermeleros #cloacasperiodismo #TEM_RistoMejide #RistoMejide #TEM #FeijóoConVox #GaliciaSuma #EspañaSuma #EvoMorales #Bolibia #galiciafeijoo #feijoogalicia #turismogalicia #FeijóoConVox.

Que teñen preguiza. Nunca quixeron traballar:  Denuncia; Envíanos los datos a holgazan@acciónytransparenciapublica.com     mais sobre preguiza..+