Información
Localidades de Galicia

A contratación de dous fisioterapeutas no Hospital da Mariña é insuficiente para reverter a crítica situación

Información
27 Febrero 2019 564 votos
1 1 1 1 1 1 1 1 1 1

CIG-Saúde valora como un paso adiante, pero insuficiente, a contratación desde este luns de dous novos fisioterapeutas no Hospital da Costa para abordar a crítica situación que vive a fisioterapia e rehabilitación na comarca, xa de por se deficitaria, e que se veu agravada pola ruptura do convenio do SERGAS coa clínica privada que prestaba este servizo.

 

Para o sindicato nacionalista a EOXI de Lugo-Cervo-Monforte non ten un plan integral para tratar a grave situación e dedícase a poñer parches para tentar paliar a problemática e acalar a crítica social.

Situación "crítica"

O sindicato nacionalista fixo denuncia pública a primeiros de febreiro da situación de absoluto deterioro na que se atopa o servizo de Rehabilitación e Fisioterapia, estruturalmente deficitario e con longas listas de agarda. A isto hai que sumar que desde o 31 de xaneiro o Sergas rompeu o concerto para a prestación de servizos de rehabilitación con clínicas privadas na Mariña.

Plan de mellora da Rehabilitación e Fisioterapia

Dende CIG-Saúde da Mariña insístenlle ao SERGAS na necesidade dun plan urxente e integral de mellora da Rehabilitación e Fisioterapia na comarca que, ademais do aumento de profesionais da fisioterapia no Hospital, contemple os seguintes puntos:

1-. Dotar ao Hospital da Mariña de dous médicos rehabilitadores (un na actualidade) para atender a máis de 70.000 habitantes.

2-. Dotar de persoal diplomado en fisioterapia para abrir en quenda de tarde os ximnasios dos Centros de Saúde de Viveiro e Ribadeo, e non só de mañá.

3-. O ximnasio do Centro de Saúde de Foz deberá dotarse con dúas fisioterapeutas en quenda de mañá e outras dúas en quenda de tarde e habilitar o de Mondoñedo tanto na mañá como na tarde, actualmente pechado e sen material, sendo os pacientes de Mondoñedo e Lourenzá derivados a Foz en quenda de tarde.

Deste xeito o Centro de Saúde de Foz quedaría con dous fisioterapeutas de mañá e de tarde para atender aos pacientes de Foz, e Mondoñedo quedaría cun fisioterapeuta de mañá e outro de tarde para atender os pacientes de Mondoñedo e Lourenzá.

4-. Crear o servizo de fisioterapia no Centro de Saúde de Burela, inexistente a día de hoxe. Esta carencia coloca nunha situación de desigualdade aos pacientes de Burela respecto a outros Concellos ,xa que os médicos de familia de Burela non poden prescribir rehabilitación, nos casos que establecen os protocolos SERGAS, coma nos outros Centros de Saúde. Este feito provoca a saturación do servizo de rehabilitación do Hospital da Mariña xa que é o centro de referencia para as veciñas e veciños de Burela.

Reforzar a sanidade pública

O sindicato nacionalista reclama máis unha vez a posta en marcha dun Plan Urxente e Integral para abordar o abandono da rehabilitación e fisioterapia e erradicar as listas de espera, un plan que contemple a utilización racional dos recursos do sistema público e abandone as actuais políticas privatizadoras e de destrución da sanidade pública na Mariña, e que dote de persoal e medios materiais o Hospital da Mariña e os Centros de Saúde.

“Deste modo obteriamos un dobre obxectivo: crear emprego de calidade na comarca e prestar un servizo de rehabilitación e fisioterapia 100% público e de calidade”, conclúen

Puedes seguir este artículo en; @cayetanaAT @FeijooGalicia @_MartaGonzalez_ #secretariademedios @pp @ppdeg #ppdegalicia @xunta #xunta #retegal #amtega #eleccionesxunta @IdiazAyuso @idiazayuso2019 #retegal #amtega #bng #psdeg #enmarea #ciudadanos #feijoogalicia #galiciafeijoo @TurismoGalicia @Turgalicia @TurismoGalicia1) @turismoriasbaixas @PresumeDGalicia
@ppdegalicia #turismogalicia #costadamorte #xunta #xuntadegalicia #pp #ppdeg #ppdegalicia #riasbaixas #riasaltas #costadamorte #islascies #ascatedrais #ribeirasacra #ribeirasacra #vigo #lavozdegalicia #lacozdegalicia #mermeleros #cloacasperiodismo #TEM_RistoMejide #RistoMejide #TEM #FeijóoConVox #GaliciaSuma #EspañaSuma #EvoMorales #Bolibia #galiciafeijoo #feijoogalicia #turismogalicia #FeijóoConVox.

Que teñen preguiza. Nunca quixeron traballar:  Denuncia; Envíanos los datos a holgazan@acciónytransparenciapublica.com     mais sobre preguiza..+