Información
Localidades de Galicia

A Audiencia da Coruña condena a tres anos e cinco meses de cárcere a un home por un roubo con violencia

Información
20 Febrero 2019 219 votos
1 1 1 1 1 1 1 1 1 1

A sección segunda da Audiencia Provincial da Coruña condenou a tres anos e cinco meses de cárcere ao autor dun roubo con violencia no interior dunha vivenda na que residía como okupa. O tribunal considera acreditado na sentenza que o sospeitoso e outra persoa planificaron roubarlle a vítima, que vivira con eles, os 700 euros que cobraba todos os meses de prestación do INEM. Así, convidárona a subir ao inmoble e, unha vez alí, o procesado iniciou unha discusión con ela e golpeouna nun ollo. Durante a pelexa a persoa que non foi xulgada lle sustraeu os cartos a vítima e agrediuna cunha arma punzante. O prexudicado conseguiu fuxir ata a rúa, onde foi auxiliado por varias persoas. Os vecinos chamaron unha ambulancia e alertaron á policía. O tribunal tamén lle impuxo ao sospeitoso o abono dunha indemnización de 1.400 euros.