Información
Localidades de Galicia

Alcaldía ordena a retirada de varios bandos antigos colocados sen permiso do Concello

Información
14 Febrero 2019 232 votos
1 1 1 1 1 1 1 1 1 1
A Alcaldía de Vilagarcía ordenou esta mañá a retirada de varios bandos municipais antigos que foron colocados nos últimos días na zona do Parque da Coca por persoas alleas ao Concello e sen coñecemento nin permiso da administración local.
14.02.2019.- Así mesmo, advírtese aos responsables desta acción que poderían ser sancionados pola comisión desta falta. O bando en cuestión refírese as normas de tenencia de cans e data do ano 2010. Independentemente da súa vixencia, advírtese que ninguén pode atribuírse as funcións e competencias do Concello.