Información
Localidades de Galicia

Podemos Galicia ante o bloqueo aos orzamentos xerais do Estado

Información
13 Febrero 2019 265 votos
1 1 1 1 1 1 1 1 1 1
Compostela, 13 de febreiro de 2019.- Podemos Galicia mantivo desde o primeiro momento unha posición clara para facer viable o cambio apostando por uns orzamentos sociais e comprometidos con Galicia. Consideramos exemplar desde o primeiro momento a posición do grupo de En Marea no Congreso como actor clave para alcanzar os orzamentos máis sociais, progresistas e feministas da historia recente ao tempo que fixeron a maior defensa de Galicia como único axente que plantou cara ao Goberno esixindo un trato xusto coa nosa comunidade. A apertura da negociación co goberno era unha boa oportunidade para alcanzar os orzamentos non só máis sociais senón tamén máis beneficiosos para Galicia. 
 
O veto aos orzamentos aborta a posibilidade defender as emendas parciais para Galicia para mellorar as condicións de vida da cidadanía galega. Desde Podemos Galicia, e desde o grupo de En Marea no Congreso apostabamos por continuar negociando co Goberno para lograr o mellor acordo para o noso país. Hoxe votouse contra a subida do SMI, contra máis recursos en dependencia para as galegas e galegos, contra a eliminación do copago farmacéutico.
 
O rexeitamento aos orzamentos abre a porta a un adianto electoral, no que a Brunete mediática sacará toda a súa artillería para trasladar ao Goberno de España a fórmula andaluza. En Podemos Galicia non tememos ás urnas, sairemos a por todas, coa intención de aglutinar unha gran alianza política e social en clave de progreso, que actúe como muro de contención de quen quere atrasar o reloxo cincuenta anos.
 
Queremos para Galicia, e para o Estado, un Goberno de progreso, que sitúe no centro a axenda social, que recoñeza a plurinacionalidade e que atenda as necesidades de Galicia como corresponde. Que ninguén dubide que sairemos a gañar.
 
Hoxe é un día triste para a cidadanía progresista. Os orzamentos máis sociais da última década foron tombados polo bloque reaccionario. Podemos Galicia agradece o compromiso co cambio e con Galicia das deputados e deputadas do grupo de En Marea no Congreso que, electos baixo o mandato da Coalición En Marea, conformada por Esqueda Unida, Anova e Podemos Galicia, defenderon os intereses da cidadanía, das maiorías sociais do pais fronte a ofensiva conservadora traballaron durante meses para un acordo orzamentario histórico no social e que hoxe foi bloqueado polas forzas conservadoras.
25 Abr 2019 14:27

Sonsoles López Izquierdo, xunto ao director artístico, Manel...

Agenda de Galicia
25 Abr 2019 14:25

Abel Caballero e a organización presentaron o programa da décimo...

Agenda de Galicia
24 Abr 2019 13:28

A Plataforma Vía Galega, que integra a máis 50 entidades sociais...

Agenda de Galicia
24 Abr 2019 13:26

Tras o descanso invernal, a expectación é máxima no Campionato...

Agenda de Galicia

caion laracha evaristo alcalde hermanoscalatrava


La Plataforma en Defensa del Sector Marítimo Pesquero de Galicia ha interpuesto a través de un prestigioso gabinete de bogados especializados en asuntos de la administración pública, querella criminal contra el Alcalde de Laracha y subsiadiariamente contra todo su grupo de gobierno en el Concello de A Laracha y Evaristo Lareo Viñas en su condición de Presidente del GAC3 sito en Buño, por haber cometido presuntamente varios delitos penales a lo largo de los últimos diez años entre los más graves, de prevaricación, electorales, medio ambiente, contra el territorio, etc, en la misma constan hechos de verdadera "TRACA CARNAVALESCA" en la que se acredita como Evaristo Lareo Viñas compra con fondos europeos un monocular térmico de visión nocturna por 3.626, 37 euros, para tener bajo control presuntamente un Solar de 15 mil metros cuadrados que recalificó en conveniencia con el Alcalde Popular para acometer un

lineaazul 1600

Estrenos de Cine y Televisión

Siguenos en  -        -  -   Contacte (+) -  feedimagePublicidad +  -  Legal Proteccion de Datos UE.(+)