Información
Localidades de Galicia

O SLG pide a convocatoria urxente da Mesa do Leite tras perder o sector máis de 7 millóns de euros en decembro polas nefastas políticas do PPdeG

Información
12 Febrero 2019 213 votos
1 1 1 1 1 1 1 1 1 1

Os datos publicados polo Fondo Español de Garantía Agraria deron un prezo medio na Galiza para o último mes de 2018 de 31,7 céntimos, lonxe dos 35'5 céntimos de media na UE

 

Trala celebración do Consello Agrario Galego, o Sindicato Labrego Galego considera urxente a convocatoria dunha Mesa do Leite na que haxa representación de industrias, distribución e organizacións agrarias para abordar a crise crónica de prezos que arrastran as granxas galegas antes de que comece a nova campaña o 1 de abril, e antes de que se asinen contratos á baixa, tal e como vén acontecendo nas últimas semanas (ver bit.ly/estafaLeiteGZ).

O Sindicato Labrego Galego non está de acordo coa visión idílica que pretenden darnos do sector lácteo dende a Consellaría de Medio Rural, que destacou o incremento de facturación das granxas nun 16% en 2018 con respecto a 2016. Trátase dun dato tramposo xa que, dende 2016, incrementouse a produción e, polo tanto, as vendas; e, naquela época, o sector padecía aínda unha das súas peores crises de prezos. Precisamente, en 2016 o prezo medio do leite na Galiza foi de 28 céntimos, caendo durante varios meses dese ano por baixo dos 27. Por iso, non é de estrañar que en 2018 tivésemos máis ingresos que en 2016. Ademais, a rendibilidade non deixou de caer polo aumento dos custes de produción.

Galiza co nivel de prezos de Romanía, Bulgaria, Lituania, Hungría e Letonia

O certo é que a situación de baixos prezos que padece o sector lácteo galego está a ser cada vez máis preocupante, sen que a Consellaría de Medio Rural adoptase até agora ningunha iniciativa para enfrontar este problema. Os datos publicados polo Fondo Español de Garantía Agraria (Fega) a semana pasada, sobre o prezo medio do leite en decembro de 2018, confirman o estancamento das nosas granxas no peor valor do Estado e nun dos peores da Unión Europea: 31'70 céntimos. De feito, con este novo dato na man, o prezo medio de Galiza caeu dous postos en Europa con respecto a novembro, por baixo de Eslovaquia e Portugal. Na UE, só hai peores prezos que na Galiza en Romanía, Bulgaria, Lituania, Hungría e Letonia. Se aplicásemos o diferencial entre o prezo medio comunitario e o galego en decembro de 2018, as granxas galegas perderon de ingresar só ese mes 7.152.533 euros. Todo isto hai que analizalo co agravante de que a tendencia do prezo no contexto internacional é de suba.

O papel das OPs na negociación dos prezos: un cero á esquerda

O único que se nos veu ofrecendo nos últimos anos para tentar mellorar os prezos foron as Organizacións de Produtores (OPs). Pero, dende que se creou esta figura en 2012, o labor das OPs na Galiza foi o dun cero á esquerda: nada se sabe de que negociasen con alguén e, tras un lustro de suposta actividade, seguimos padecendo os peores prezos do Estado. Ademais, a Consellaría de Medio Rural non pode ceder a negociación do sector lácteo galego en entidades que só representan unha fracción das nosas granxas.

Para o SLG, as OPs só serviron, até agora, para captar abondosas subvencións a conta do erario público e non facer nada. Por non facer, nin sequera informan ás granxas que forman parte delas, pois dende o SLG soubemos que os gandeiros e as gandeiras asociadas a unha OP na Galiza nunca recibiron ningún tipo de informe nin foron convocadas a ningún acto informativo para coñecer que se está a negociar no seu nome. Por todo o devandito, para o Sindicato Labrego Galego o único foro onde as nosas granxas poden negociar os prezos debe seguir sendo unha Mesa do Leite onde estean representadas a industria, a distribución e as organizacións representativas do sector. Seguir confiando nas OPs para este labor, será seguir queimando cartos públicos para non facer nada.

Sen prezos, non hai Plan Estratéxico no sector lácteo que valla

25 Abr 2019 14:27

Sonsoles López Izquierdo, xunto ao director artístico, Manel...

Agenda de Galicia
25 Abr 2019 14:25

Abel Caballero e a organización presentaron o programa da décimo...

Agenda de Galicia
24 Abr 2019 13:28

A Plataforma Vía Galega, que integra a máis 50 entidades sociais...

Agenda de Galicia
24 Abr 2019 13:26

Tras o descanso invernal, a expectación é máxima no Campionato...

Agenda de Galicia

caion laracha evaristo alcalde hermanoscalatrava


La Plataforma en Defensa del Sector Marítimo Pesquero de Galicia ha interpuesto a través de un prestigioso gabinete de bogados especializados en asuntos de la administración pública, querella criminal contra el Alcalde de Laracha y subsiadiariamente contra todo su grupo de gobierno en el Concello de A Laracha y Evaristo Lareo Viñas en su condición de Presidente del GAC3 sito en Buño, por haber cometido presuntamente varios delitos penales a lo largo de los últimos diez años entre los más graves, de prevaricación, electorales, medio ambiente, contra el territorio, etc, en la misma constan hechos de verdadera "TRACA CARNAVALESCA" en la que se acredita como Evaristo Lareo Viñas compra con fondos europeos un monocular térmico de visión nocturna por 3.626, 37 euros, para tener bajo control presuntamente un Solar de 15 mil metros cuadrados que recalificó en conveniencia con el Alcalde Popular para acometer un

lineaazul 1600

Estrenos de Cine y Televisión

Siguenos en  -        -  -   Contacte (+) -  feedimagePublicidad +  -  Legal Proteccion de Datos UE.(+)