Información
Localidades de Galicia

O Concello de Allariz e a Confederación Hidrográfica Miño Sil acordan o levantamento do pasal do Briñal

Información
12 Febrero 2019 206 votos
1 1 1 1 1 1 1 1 1 1

O Concello de Allariz e A Confederación Hidrográfica do Miño-Sil colaboran na reconstrución do paso fluvial sobre o Arnoia, no Briñal.

A crecida do río Arnoia, ao seu paso por Allariz, levouse por diante as pedras do pasal do Briñal a primeira fin de semana de febreiro a causa da auga descargada polo temporal.

 

O Concello de Allariz, que xa advertira desta situación á Confederación Hidrográfica Miño-Sil dada a acumulación de maleza e troncos secos na zona, realizou as xestións oportunas con este organismo para a inspección do lugar e o futuro levantamento do pasal.

A alcaldesa de Allariz, Cristina Cid, e o presidente da Confederación, José Antonio Quiroga, reunidos tralo suceso, acordaron a reconstrución da ponte do Briñal. A Confederación comprometeuse a colaborar có concello é acordaron a reconstrución do pontón a partires do momento no que o nivel das augas permita traballar con seguridade.

O organismo do Miño-Sil xa anunciara, o pasado 30 de xaneiro, o inicio de actuacións en dous tramos de río, unha primeira zona, desde as inmediacións do centro escolar de Allariz ata a Ponte de Vilanova e a contorna das piscinas municipais, e unha segunda zona, á altura do complexo deportivo do Seixo e que finaliza augas abaixo do " Muíño do Briñal", que incluía, entre outros traballos, a retirada dos troncos retidos polo paso fluvial.

25 Abr 2019 14:27

Sonsoles López Izquierdo, xunto ao director artístico, Manel...

Agenda de Galicia
25 Abr 2019 14:25

Abel Caballero e a organización presentaron o programa da décimo...

Agenda de Galicia
24 Abr 2019 13:28

A Plataforma Vía Galega, que integra a máis 50 entidades sociais...

Agenda de Galicia
24 Abr 2019 13:26

Tras o descanso invernal, a expectación é máxima no Campionato...

Agenda de Galicia

caion laracha evaristo alcalde hermanoscalatrava


La Plataforma en Defensa del Sector Marítimo Pesquero de Galicia ha interpuesto a través de un prestigioso gabinete de bogados especializados en asuntos de la administración pública, querella criminal contra el Alcalde de Laracha y subsiadiariamente contra todo su grupo de gobierno en el Concello de A Laracha y Evaristo Lareo Viñas en su condición de Presidente del GAC3 sito en Buño, por haber cometido presuntamente varios delitos penales a lo largo de los últimos diez años entre los más graves, de prevaricación, electorales, medio ambiente, contra el territorio, etc, en la misma constan hechos de verdadera "TRACA CARNAVALESCA" en la que se acredita como Evaristo Lareo Viñas compra con fondos europeos un monocular térmico de visión nocturna por 3.626, 37 euros, para tener bajo control presuntamente un Solar de 15 mil metros cuadrados que recalificó en conveniencia con el Alcalde Popular para acometer un

lineaazul 1600

Estrenos de Cine y Televisión

Siguenos en  -        -  -   Contacte (+) -  feedimagePublicidad +  -  Legal Proteccion de Datos UE.(+)