Información
Localidades de Galicia

GONZALO CABALLERO IRONIZA COA “TAREFA MOI IMPORTANTE” QUE TIÑA FEIJÓO EN MIAMI E QUE DEIXOU PARA ESTAR COA ULTRADEREITA “CANDO CASADO TOCOU O SILBATO”

Información
09 Febrero 2019 310 votos
1 1 1 1 1 1 1 1 1 1

O secretario xeral do PSdeG, Gonzalo Caballero, participou hoxe na presentación dos candidatos socialistas ás alcaldías dos 18 concellos que conforman a bisbarra de Ourense, un foro no que asegurou que “estamos en condicións de dar o mellor fronte ao pasado que representa o PP”.

 

O PP que, como dixo o líder dos socialistas galegos, está “nun xiro á dereita” que o leva “de camiño a ningunha parte”. “Hai 15 anos saía a manifestarse contra a lei que permitía casarse a persoas do mesmo sexo, pero non lle serviu para gañar eleccións”, recordou, e concluíu que agora “volve caer nos mesmos erros” coa protesta convocada para mañá en Madrid e á que asistirá Feijóo.

Ao fío disto, Gonzalo Caballero ironizou coa “tarefa moi importante” que levou ao presidente da Xunta a Miami, que abandonou rapidamente “cando Casado tocou o silbato” e impuxo ir a Madrid para “estar coa ultradereita”. “Feijóo abandonou a axenda de goberno para poñerse ao servizo de Vox e de Casado”, reprobou.

Mentres se produce esa manifestación na capital de España, proseguiu o secretario xeral do PSdeG, os e as socialistas galegos “estaremos en Santiago defendendo un sistema de sanidade pública, gratuíta e de calidade”. “Imos seguir traballando por un cambio en positivo ao servizo dos galegos e das galegas”, engadiu.

ASCENSO” NAS MUNICIPAIS

En clave municipal, Gonzalo Caballero vaticinou que nas eleccións haberá “un ascenso” do PSdeG fronte ao “retroceso” que terá o PP, que perderá a alcaldía da única cidade na que goberna, a de Ourense.

Os socialistas, cun proxecto progresista, de esquerdas e galeguista, estamos facendo unha grande alianza con esa maioría de galegos que non se quere resignar ás políticas do PP de Feijóo”, finalizou o secretario xeral.

PRESENTACIÓN DOS CANDIDATOS

O acto de hoxe serviu para que os candidatos ás distintas vilas da comarca ourensana presentasen os seus proxectos de cara ás vindeiras municipais, tanto no caso dos que xa son alcaldes como dos que non.

Precisamente Rafael Rodríguez Villarino, secretario provincial e alcalde de Amoeiro, avanzou que os resultados desta comarca serán “o motor de cambio” para retirar a Baltar da presidencia da Deputación. Pola súa banda, o aspirante á alcaldía de Ourense, José Ángel Vázquez Barquero, chamou a traballar para “dar un cambio” á capital da provincia.

Tamén tomaron a palabra Zaida Rodríguez, de Allariz; Segundo González, de Baños de Molgas; Xosé Carlos Valcárcel, de Barbadás; Manuel Rodríguez, de Coles; Víctor Manuel Pérez, de Esgos; Francisco Xavier Oviedo, de Maceda; Óscar Sánchez, de Nogueira de Ramuín; José Manuel Rodríguez Carrera, de Paderne de Allariz; Jorge Gutiérrez, do Pereiro de Aguiar; Antonio González Fiuza, da Peroxa; Bibiana Iglesias, de San Cibrao das Viñas; Álvaro Vila, de Taboadela; María Alida Iglesias, de Toén; María de los Ángeles Rodríguez, de Vilamarín; Bieito Ledo, de Xunqueira de Ambía; e José Carlos Rivera, de Xunqueira de Espadanedo.

23 Abr 2019 15:25

O vindeiro domingo 28 de abril están convocadas eleccións...

Agenda de Galicia
23 Abr 2019 09:01

Un año más el Club Waterpolo Pontevedra luchará por el título...

Agenda de Galicia
20 Abr 2019 11:59

A cita terá lugar no pavillón do IES Río Miño este xoves,...

Agenda de Galicia
19 Abr 2019 11:30

Más de una veintena de barcos se disputarán el Trofeo Comunica...

Agenda de Galicia

caion laracha evaristo alcalde hermanoscalatrava


La Plataforma en Defensa del Sector Marítimo Pesquero de Galicia ha interpuesto a través de un prestigioso gabinete de bogados especializados en asuntos de la administración pública, querella criminal contra el Alcalde de Laracha y subsiadiariamente contra todo su grupo de gobierno en el Concello de A Laracha y Evaristo Lareo Viñas en su condición de Presidente del GAC3 sito en Buño, por haber cometido presuntamente varios delitos penales a lo largo de los últimos diez años entre los más graves, de prevaricación, electorales, medio ambiente, contra el territorio, etc, en la misma constan hechos de verdadera "TRACA CARNAVALESCA" en la que se acredita como Evaristo Lareo Viñas compra con fondos europeos un monocular térmico de visión nocturna por 3.626, 37 euros, para tener bajo control presuntamente un Solar de 15 mil metros cuadrados que recalificó en conveniencia con el Alcalde Popular para acometer un

lineaazul 1600

Estrenos de Cine y Televisión

Siguenos en  -        -  -   Contacte (+) -  feedimagePublicidad +  -  Legal Proteccion de Datos UE.(+)