Información
Localidades de Galicia

Éxito de seguimento no primeiro día de folga nas ambulancias, malia os abusivos servizos mínimos

Información
09 Febrero 2019 237 votos
1 1 1 1 1 1 1 1 1 1

A primeira xornada de folga convocada no sector de ambulancias está a rexistrar un amplísimo seguimento, malia os abusivos "servizos máximos" decretados pola Xunta de Galiza que alcanzan ao 75% do persoal. Así e todo, traballadores e traballadoras participaron nos piquetes informativos que ao longo da xornada se xuntaron nos arredores dos principais hospitais de Galiza, visibilizando unha folga que, de non producírense avances significativos, tería carácter indefinido a partir de marzo.

"O primeiro día de folga está sendo un éxito, o seguimento é total entre o persoal que pode facer un exercicio efectivo do seu dereito á folga, porque a Xunta impuxo uns servizos mínimos abusivos, que xa temos recorridos, pero que non sabemos cando teremos resolución xudicial", apuntaba o responsábel de Transportes da CIG, Xesús Pastoriza. Non sendo abondo a conculcación do dereito fundamental á folga, o Goberno galego tenta boicotear a folga xestionando traslados e altas hospitalarias mediante a contratación do servizo de taxis, algo que está prohibido e que pon en risco a saúde das e dos pacientes e do resto de usuarios/as deses vehículos.

A folga que comezou hoxe estenderase até o luns 11 de febreiro; repetirase do 18 ao 24 de febreiro e do 4 ao 10 de marzo e, a partir de aí, terá carácter indefinido.

Ademais, o conflito das ambulancias tamén terá presenza na manifestación que o vindeiro domingo, 10 de febreiro, percorrerá ás rúas de Santiago en defensa dunha sanidade pública digna e de calidade e que sairá ás 12:00 horas da Alameda.

A Xunta escúsase en que é "un problema laboral"

Pastoriza criticou a actitude que mantén a patronal, que se nega a sentar a negociar coa escusa das condicións económicas dos contratos, mentres a Xunta continúa inhibíndose do conflito. De feito, explica Pastoriza, "onte mesmo houbo unha reunión coa Fundación 061, que segue mantendo a postura de que non entra en problemas laborais e polo tanto segue desaparecida. Ante estas circunstancias todo parece indicar que a folga chegará a indefinida", valorou.

A actitude da Xunta resulta absolutamente desprezábel tendo en conta que a situación do sector é responsabilidade directa do Goberno galego. "Isto é algo máis que un problema laboral. Todo isto nace a raíz dos últimos contratos do urxente e non urxente, que saíron a concurso por debaixo do custe e as empresa, para competir entre elas, concorreron con propostas en baixa temeraria, que a Xunta aceptou", lembra. Empresas e administracións coñecían que con esas contías económicas non se podería cumprir co establecido no convenio, xerando así un problema que pretenden atallar agora con brutais rebaixas dos salarios.

A representación social só poderá alegar ás cláusulas sociais dos novos contratos

Cómpre lembrar que o convenio do transporte sanitario caducou hai tres anos e na última reunión a patronal rachou definitivamente a mesa de negociacións ao propor unha redución dun 10% do convenio, coa posibilidade mesmo de impagos a partir do mes de marzo.

A pesares do conflito aberto e de que o próximo outubro caducan os contratos do transporte urxente e en outubro de 2020 os de non urxente, a Xunta informou ás centrais sindicais que lles vai dar traslado do borrador das cláusulas sociais para presentar alegacións, pero non da parte económica. "A representación social non ten entrada nin nos prezos dos contratos, nin no número de ambulancias, nin nas dotacións de persoal, etc. Polo tanto, esperemos que a Xunta non repita o que fixo no último concurso e que esta vez poña a dotación económica suficiente para non xerar outro problema", subliña.

Neste senso, engade que sería necesario incrementar o número de ambulancias do transporte urxente e, consecuentemente, o número de traballadores/as para poder dar un servizo axeitado.  Ademais, lembra que hai empresas de transporte non urxente (programado e traslados hospitalarios) que teñen menos vehículos a disposición do Sergas dos marcados nos pregos, porque as empresas os destinan a facer servizos privados. "Isto é unha fraude e a Xunta é coñecedora desta situación", afirma Pastoriza.

Melloras salariais, máis persoal e medidas de prevención

Fronte ás pretensións patronais, a representación social reclama que o novo convenio contemple melloras laborais e incrementos salariais que permitan recuperar o poder adquisitivo perdido dende 2015 (ano dende o que o persoal ten os seus salarios conxelados); así como o recoñecemento do dereito a percibir a terceira paga extra.

Xunto a isto, reivindícase unha redución do número de horas, que se ampliaron nestes últimos anos ao medrar nun 20% o número de servizos realizados sen incrementar o persoal; e melloras en materia de prevención de riscos e saúde laboral. A este respecto, Xesús Pastoriza sinala que mentres a media de baixas en Galiza é dun 5%, neste sector, malia a media de idade estar nos 40 anos, a media de baixas –na inmensa maioría por problemas músculo-esqueléticos- sitúase no 13%.

Ademais, tamén se quere limitar o abuso da contratación en prácticas, posto que as empresas están completando os seus cadros de persoal mediante esta fórmula, por ser máis barata, xa que durante o primeiro ano as/os traballadores/as cobran o 60% do salario base e no segundo o 70%.

25 Abr 2019 14:27

Sonsoles López Izquierdo, xunto ao director artístico, Manel...

Agenda de Galicia
25 Abr 2019 14:25

Abel Caballero e a organización presentaron o programa da décimo...

Agenda de Galicia
24 Abr 2019 13:28

A Plataforma Vía Galega, que integra a máis 50 entidades sociais...

Agenda de Galicia
24 Abr 2019 13:26

Tras o descanso invernal, a expectación é máxima no Campionato...

Agenda de Galicia

caion laracha evaristo alcalde hermanoscalatrava


La Plataforma en Defensa del Sector Marítimo Pesquero de Galicia ha interpuesto a través de un prestigioso gabinete de bogados especializados en asuntos de la administración pública, querella criminal contra el Alcalde de Laracha y subsiadiariamente contra todo su grupo de gobierno en el Concello de A Laracha y Evaristo Lareo Viñas en su condición de Presidente del GAC3 sito en Buño, por haber cometido presuntamente varios delitos penales a lo largo de los últimos diez años entre los más graves, de prevaricación, electorales, medio ambiente, contra el territorio, etc, en la misma constan hechos de verdadera "TRACA CARNAVALESCA" en la que se acredita como Evaristo Lareo Viñas compra con fondos europeos un monocular térmico de visión nocturna por 3.626, 37 euros, para tener bajo control presuntamente un Solar de 15 mil metros cuadrados que recalificó en conveniencia con el Alcalde Popular para acometer un

lineaazul 1600

Estrenos de Cine y Televisión

Siguenos en  -        -  -   Contacte (+) -  feedimagePublicidad +  -  Legal Proteccion de Datos UE.(+)