Información
Localidades de Galicia

OS SOCIALISTAS DENUNCIAN FALLA DE TRANSPARENCIA E PREVISIÓN NAS AXUDAS

Información
05 Febrero 2019 313 votos
1 1 1 1 1 1 1 1 1 1

O portavoz de Industria do Grupo Socialista, Abel Losada, alertou da falla de transparencia e previsión nas axudas públicas da Xunta á automoción. Así o dixo no debate dunha pregunta oral que presentou hoxe en Comisión parlamentaria, na que sinalou a falla de concreción e definición das liñas de apoio ao sector, en contraste co apoio “específico, definido e concreto” do sector aeronáutico.

 

O responsable socialista criticou a escasa preparación do goberno galego diante dos cambios que se preparan para o sector da automoción, sinaladamente coa chegada dos vehículos intelixentes e eléctricos. Reclamou un maior esforzo para resolver a “incerteza” do sector na busca dun equilibro a longo prazo, e situar medidas de apoio no horizonte para que non altere o desenvolvemento produtivo habitual a corto e medio prazo.

Ademais, considera fundamental que o goberno galego garanta unhas condicións laborais e salariais digns, xa que a estabilidade do mercado laboral resulta fundamental á hora de impulsar a innovación. Advertiu que os contratos inestables ou de corta duración fan “moito máis difícil e custoso integrar procesos formativos complexos”, como os que afronta o sector da automoción coa implantación da intelixencia artificial e a transición enerxética.

Advertiu do fracaso da política laboral do goberno galego no sector da automoción, por canto mentres a EPA apunta un crecemento de 33.200 postos de traballo entre o IV trimestre de 2017 e o IV trimestre de 2018, mentres o sector perdeu 3.600 postos de traballo no mesmo período.