Información
Localidades de Galicia

As cinco Xuntas de Persoal funcionario da Xunta de Galiza rexeitan o acordo asinado pola Xunta, CCOO e UGT

Información
19 Enero 2019 263 votos
1 1 1 1 1 1 1 1 1 1

O día 15 de xaneiro de 2019 a Xunta de Galiza e as organizacións sindicais CCOO e UGT asinaron o Acordo de concertación do emprego público. Este acordo, negociado dentro do ámbito da Mesa Xeral de negociación dos empregados/as públicos/as foi rexeitado polos sindicatos CIG e CSIF, que ostentan a maioría absoluta nesa mesa e nas cinco Xuntas de Persoal funcionario, que representan ao redor de 10.000 funcionarios/as da Xunta de Galiza.

 

A Xunta de persoal funcionario de Servizos Centrais rexeitou o acordo este mércores. O xoves día 17 as de Coruña, Lugo e Pontevedra tamén o rexeitaron. O venres sumouse a de Ourense a este rexeitamento.

Os motivos que levaron ás cinco Xuntas de Persoal a rexeitar o sistema de carreira profesional recollido neste acordo son os expostos nos seus comunicados:

COMUNICADO DAS XUNTAS DE PERSOAL SOBRE O ACORDO DA CARREIRA PROFESIONAL


Á vista do Acordo de concertación do emprego público asinado o día 15 de xaneiro de 2019 entre a Consellería de Facenda e as organización sindicais CC.OO e UGT, esta Xunta de Persoal, debe rexeitar de modo rotundo o sistema de carreira profesional contido no mesmo, en base aos seguintes razoamentos:

  1. Porque este sistema de carreira profesional supón un agravio comparativo e unha discriminación co persoal doutras Administracións Públicas, non só doutras Comunidades Autónomas, senón incluso dentro da propia Comunidade Galega, como é o caso do Parlamento de Galicia, que está a punto de ser aprobado.
  2. Porque este sistema de carreira profesional supón un agravio comparativo e unha discriminación con respecto ao persoal de administración e servizos do SERGAS, que sendo un organismos autónomo da Xunta de Galiza, desenvolve unha carreira profesional onde o seu persoal pode acceder de xeito extraordinario a dous dos graos nun período de tempo menor que o persoal da Xunta de Galiza, o que significa unha diferenza salarial notable que non ten razón de ser.
  3. Porque este sistema de carreira profesional, establece limitacións respecto ao persoal temporal e interino ao impedirlles acceder ao encandramento extraordinario, consagrando así unha discriminación por razón da temporalidade no emprego contraria as Directivas Europeas de Igualdade no Traballo.
  4. Porque, se todo esto non abondase, este sistema de carreira profesional establece unhas discriminacións intolerables entre os propios funcionarios de carreira da Xunta ao establecer por unha banda períodos de cobro mais perxudiciais aos Subgrupos A1 e A2, que tardarían en cobrar o grado III tres anos máis, e establecer tamén respecto ás contías unhas diferenzas inxustificables entres os diferentes subgrupos, neste caso perxudicando aos Subgrupos C1, C2, e AP, afondando a brecha salarial.

Por todo isto, ante o desprezo continuado que o actual Goberno galego, profesa aos empregados públicos da Administración Xeral, e reclamando unha verdadeira carreira profesional, xusta nos seus emolumentos, equilibrada no seu reparto, integradora en canto ao persoal que afecte e progresiva no recoñecemento da antigüidade do persoal público, non podemos permanecer silentes e rexeitamos de modo contundente o sistema de carreira profesional contido no Acordo de concertación de emprego público asinado por CCOO e UGT coa Xunta de Galiza.


--

19 Abr 2019 11:30

Más de una veintena de barcos se disputarán el Trofeo Comunica...

Agenda de Galicia
19 Abr 2019 10:19

 

El Real Club Deportivo emitirá este domingo, por...

Agenda de Galicia
17 Abr 2019 14:55

O VIII Festival Primavera do Cine proxectará 10 longametraxes...

Agenda de Galicia
17 Abr 2019 13:57

A Xunta de Goberno Local do Concello de Vigo aprobou na súa sesión...

Agenda de Galicia

caion laracha evaristo alcalde hermanoscalatrava


La Plataforma en Defensa del Sector Marítimo Pesquero de Galicia ha interpuesto a través de un prestigioso gabinete de bogados especializados en asuntos de la administración pública, querella criminal contra el Alcalde de Laracha y subsiadiariamente contra todo su grupo de gobierno en el Concello de A Laracha y Evaristo Lareo Viñas en su condición de Presidente del GAC3 sito en Buño, por haber cometido presuntamente varios delitos penales a lo largo de los últimos diez años entre los más graves, de prevaricación, electorales, medio ambiente, contra el territorio, etc, en la misma constan hechos de verdadera "TRACA CARNAVALESCA" en la que se acredita como Evaristo Lareo Viñas compra con fondos europeos un monocular térmico de visión nocturna por 3.626, 37 euros, para tener bajo control presuntamente un Solar de 15 mil metros cuadrados que recalificó en conveniencia con el Alcalde Popular para acometer un

lineaazul 1600

Estrenos de Cine y Televisión

Siguenos en  -        -  -   Contacte (+) -  feedimagePublicidad +  -  Legal Proteccion de Datos UE.(+)