Información
Localidades de Galicia

Plademar no Parlamento Europeo.

Información
16 Julio 2018 657 votos
1 1 1 1 1 1 1 1 1 1

Jose Manuel Romarís, secretario de Plademar Muros-Noia, foi onte a Bruselas a defender perante a Comisión de Peticións do Parlamento Europeo unha petición da asociación Petón do Lobo (ambas organizacións pertencentes a Vida e Ría) na que se pedía que se investigaran as irregularidades cometidas pola Mina de San Finx. As principais preocupacións que se espuxeron alí foron a ausencia dos trámites de impacto ambiental e exposición pública da explotación mineira, o total abandono das presas colmatadas de lodos contaminados con metais pesados que ademais están nun estado lamentable e o total desentendimento das administracións públicas ante as denuncias presentadas sobre este asunto.


A grande maioría dos grupos parlamentares argumentaron a favor da petición a excepción de Francisco Millán Mon, do Partido Popular Europeo, que insinuou que a empresa non tiña a obriga de cumprir ningunha lei aprobada despois de 1883, ano da primeira concesión da mina e do funcionario da Comisión Europea, Daniel Fernández Gómez, que dixo que a Comisión toma nota das diferentes alegacións de infracción a diferentes disposicións da normativa medioambiental da Unión Europea" e logo engadiu que a Comisión xa tiña examinado os feitos denunciados (sin pedir ningún tipo de documentación a ningún organismo español nin á empresa en cuestión) e non tiña revelado incumprimiento algún. Exame bastante difícil de facer sin pedir ningún tipo de doumentación.

Finalmente, despois de media hora de debate da Comisión, todos os grupos parlamentares acordaron manter aberta a petición, porse en contacto coas autoridades galegas para trasladar a inquietude do Parlamento Europeo e para pedir información sobre o tema e requerer áComisión que se implique neste tema.
Desde Plademar Muros Noia queríamos agradecer a Ana Miranda (BNG), Ángela Vallina (IU), Maite Pagazaurtundúa Ruiz (UPyD), Lidia Senra (AGE), António Marinho e Pinto (Partido Democrático, de Portugal) e Judith Kirton-Darling (Partido Laborista, do Reino Unido) as súas palabras de apoio á nosa petición e ao conxunto da Comisión de Peticións do Parlamento Europeo por manter aberta esta petición por unanimidade e por seguir imvestigando.
Noia, a 12 de xullo de 2018
Intervención completa no Parlamento Europeo:
https://youtu.be/_prS4XEzsAU">https://youtu.be/_prS4XEzsAU

Informe enviado á Comisión:
http://www.vidaeria.org/wp-content/uploads/2018/07/informe_san-finx_ESP.pdf">http://www.vidaeria.org/wp-content/uploads/2018/07/informe_san-finx_ESP.pdf
<https://ci5.googleusercontent.com/proxy/Bw4HOjzPwZ8uGPFjnAzSoMd8Yey3cO5JJnWxmytN1EVoWgVJtO3ACy4yfzdwNzQYrXTMLlvdFo_03TPHN3pvHZj-tpYAzMShKbhg338e0LSCSjUmbJc-POL7GZUB5B3mmJdr4GS1w8eiia8eE2Bb5dHo34YbOANDKU3VaqDhNNHDo6nF3ONvZTN9TnwbOTZ_UqkElpBpFdYtwDI=s0-d-e1-ft#https://docs.google.com/uc?export=download&id=0B40TW6HBrBq_UEFuOFNhV3V2VTg&revid=0B40TW6HBrBq_eGJPOW1Tc2s5UUg3R043SStNSnhRQmdrREZZPQ">https://ci5.googleusercontent.com/proxy/Bw4HOjzPwZ8uGPFjnAzSoMd8Yey3cO5JJnWxmytN1EVoWgVJtO3ACy4yfzdwNzQYrXTMLlvdFo_03TPHN3pvHZj-tpYAzMShKbhg338e0LSCSjUmbJc-POL7GZUB5B3mmJdr4GS1w8eiia8eE2Bb5dHo34YbOANDKU3VaqDhNNHDo6nF3ONvZTN9TnwbOTZ_UqkElpBpFdYtwDI=s0-d-e1-ft#https://docs.google.com/uc?export=download&id=0B40TW6HBrBq_UEFuOFNhV3V2VTg&revid=0B40TW6HBrBq