Información
Localidades de Galicia

Fantástico 5º posto para Galicia no Campionato de España de Seleccións Autonómicas

Información
15 Julio 2018 614 votos
1 1 1 1 1 1 1 1 1 1

A nosa selección absoluta acadaría onte no Campionato de España de Comunidades desenvolto en Granollers unha
fantástica quinta posición que a consolida un ano máis entre o top do atletismo nacional. O encontro sería domiñado pola
selección catalana quen se imporía con 497 puntos seguidos de andaluces e madrileños con 426,5 e valencianos con 423.
A nosa comunidade lograría un total de 374 superando a seleccións importantes como a vasca e manchega. Con este
posto Galicia repite e afianza esta importante posición logrado xa nos anos 2013,2014,2015 e 2017 e na que tan só o ano
2016 baixaría ata o sétimo posto.


A nivel de resultados, as baixas importantes de Triana, Chamosa, Peleteiro, Ben, Parada, ou mesmo Okutu, serían suplidas
pola gran competitividade amosada por todos e cada un dos integrantes do combinado que de novo amosaron o seu
compromiso e entrega, en todas e cada unha das probas pelexando ata o límite das mesmas.
O máis salientable serían os trunfos da nosa internacional Solange Pereira nos 1.500 con 4:22.20 e da francesa do Celta
con ficha galega Marie Genevieve nos 3.000 Obstáculos con 10:28.96 nunha decisión de selección técnica arriscada e
discutida, pero que se confirmaría como a máis acertada para os intereses galegos. Importante sería tamén a excelente
contribución de Paula Mayobre co seu segundo posto sobre os 5.000 m. cun rexistro de 16:39.63,
O sector de lanzamentos sería un dos “motores” de Galicia cos segundos postos do noso pentaolimpico Frank Casañas
en disco con 57.31 m. e da mundialista Belén Toimil no peso con 16.20 m. sempre fieles a chamada da Selección. Moi
salientable unha vez máis, o terceiro lugar da Sub18 Irene Gómez en martelo lanzando ata os 52.62m. Mesmo lugar e
mesma importancia para para Carlos Moro, quen nos 400 valos con 52.04 milloraría en preto dun segundo a súa MMT.
Area de Comunicación FGA. ComunicacióEsta dirección de correo electrónico está siendo protegida contra los robots de spam. Necesita tener JavaScript habilitado para poder verlo. Claudio Hornillos 619847195
Por último facer unha referencia ó fantástico comportamento dos equipos de relevistas a nivel xeral. Nesta ocasión serían
os equipos femininos quenes lograran nada menos que o récord galego tanto nos 4×100 con 47.28
(l.Ferrer/C.Garrido/A.Pais/O.Becerril ) como no dos 4×400 m. con 3:45.03 (I.Oitaven/L.Sicre/S.Pereira/P.Iglesias) poñendo
con elo o broche de ouro a unha gran xornada para o atletismo galego.

http://www.rfea.es/competi/result2018/airelibre/federaciones/index.html