Información
Localidades de Galicia

Ferreira, novo xerente da Universidade de Santiago

Información
23 Junio 2018 848 votos
1 1 1 1 1 1 1 1 1 1

O reitor Antonio López informou esta mañá na xuntanza do Consello de Goberno do recente nomeamento como xerente da Universidade de Santiago de Xavier Ferreira, profesor da área de Dereito Administrativo do departamento de Dereito Público e Teoría do Estado.

Xavier Ferreira  é licenciado en Dereito pola USC e doutor pola mesma Universidade no ano 1996. Profesor titular de Dereito Administrativo desde 1999 e acreditado como catedrático desde 2015, na USC desempeñou os cargos de secretario do Departamento de Dereito Público e Teoría do Estado (1994 – 1997); secretario da Escola Universitaria de Relacións Laborais (1997-1999), director do Departamento de Dereito Público e Teoría do Estado (1999-2005) e director da Escola de Relacións Laborais (2005-2007). Coordinou ademais o programa de doutoramento do Departamento de Dereito Público e Teoría do Estado e do Máster Universitario en Administracións e Institución Públicas.

Ampliou estudos nas Universidades de Boloña, Birminghan e na Escola Catalá de Administración Pública. Como investigador, asinou máis dun centenar de contratos de colaboración con administracións públicas e particulares. No marco destes contratos, asesorou e asesora a diversas Administracións Locais (Ames, Ribeira, Fene, Ferrol, Betanzos, Ares, Pontedeume, Porriño, Xinzo, Ribadeo, Carballo, Teo, Brión, Tomiño, Tui, Mos, Vilagarcía, Carballiño, Nigrán, Vilalba, Fisterra, Bergondo, Deputacións de A Coruña e Ourense, entre outras), principalmente en materia de xestión dos seus recursos humanos e contratación administrativa. É tamén asesor do Consello da Cultura Galega.



Autor de numerosas monografías, publicou máis de cincuenta capítulos de libros e artigos sobre o réxime local, o dereito turístico, a función pública ou a contratación pública. Así mesmo, é autor de diversos informes e ditames para as administración públicas e redactor de diversos proxectos de leis (Lei de Turismo de Galicia, Lei de Violencia de Xénero, Texto Refundido de Función Pública ou Lei da Área metropolitana de Vigo, entre outras).

Foi secretario xeral da Vicepresidencia da Igualdade e do Benestar na Xunta de Galicia entre 2007 e 2009 e membro por designación parlamentaria, durante 10 anos, da Xunta Electoral de Galicia.

A súa actividade docente desenvolveuse ao longo de 25 anos nas Universidades de Santiago de Compostela, do Minho e en diversas Universidades italianas (Cagliari, Roma Tre), á vez que foi profesor no Instituto Nacional de Administración Pública e na Escola Galega de Administración Pública, centros nos que se integrou de forma regular no seu cadro docente. Así mesmo, foi coordinador durante catro anos da actividade formativa do Persoal da Administración e Servizos da Universidade de Santiago de Compostela e impartiu máis de 100 cursos de formación de empregados públicos.

19 Abr 2019 11:30

Más de una veintena de barcos se disputarán el Trofeo Comunica...

Agenda de Galicia
19 Abr 2019 10:19

 

El Real Club Deportivo emitirá este domingo, por...

Agenda de Galicia
17 Abr 2019 14:55

O VIII Festival Primavera do Cine proxectará 10 longametraxes...

Agenda de Galicia
17 Abr 2019 13:57

A Xunta de Goberno Local do Concello de Vigo aprobou na súa sesión...

Agenda de Galicia

caion laracha evaristo alcalde hermanoscalatrava


La Plataforma en Defensa del Sector Marítimo Pesquero de Galicia ha interpuesto a través de un prestigioso gabinete de bogados especializados en asuntos de la administración pública, querella criminal contra el Alcalde de Laracha y subsiadiariamente contra todo su grupo de gobierno en el Concello de A Laracha y Evaristo Lareo Viñas en su condición de Presidente del GAC3 sito en Buño, por haber cometido presuntamente varios delitos penales a lo largo de los últimos diez años entre los más graves, de prevaricación, electorales, medio ambiente, contra el territorio, etc, en la misma constan hechos de verdadera "TRACA CARNAVALESCA" en la que se acredita como Evaristo Lareo Viñas compra con fondos europeos un monocular térmico de visión nocturna por 3.626, 37 euros, para tener bajo control presuntamente un Solar de 15 mil metros cuadrados que recalificó en conveniencia con el Alcalde Popular para acometer un

lineaazul 1600

Estrenos de Cine y Televisión

Siguenos en  -        -  -   Contacte (+) -  feedimagePublicidad +  -  Legal Proteccion de Datos UE.(+)