Información
Localidades de Galicia

O secretario xeral atribúe a decisión de Feijóo a que o PP “está nunha senda de declive”, na que se vía “sen opcións” para gobernar España

Información
19 Junio 2018 581 votos
1 1 1 1 1 1 1 1 1 1

O secretario xeral do PSdeG, Gonzalo Caballero, instou este luns a Feijóo a “centrarse nos problemas de Galicia” e “dar solucións” a unha sociedade que “necesita un cambio”. Así o dixo despois de que o presidente anunciase que non tratará de suceder a Mariano Rajoy á fronte do PP.

 

Que poña a cabeza no país”, esixiu o líder dos socialistas galegos, poñendo o foco na importancia de dar “estabilidade política” á comunidade para afrontar os problemas e dificultades que atravesa Galicia e que quedaron “en segundo plano” debido á “telenovela” protagonizada por Feijóo no último tempo.

Entre eses problemas, Gonzalo Caballero enumerou o devalo demográfico, a febleza do modelo económico e o feito de que Feijóo “multiplicou por tres” o endebedamento público pese a que non dubidou en acometer recortes nos servizos públicos.

En canto á decisión de Feijóo, o secretario xeral do PSdeG atribuíuna a que el mesmo “se vía incapaz de liderar un PP en declive, en franco retroceso electoral” e, por tanto, “sen opcións de recuperar o goberno de España e coa probabilidade dun cambio de ciclo político en Galicia” porque “o seu proxecto político está esgotado”.

Ademais, profundou Gonzalo Caballero, Feijóo “non está lexitimado para poñer en marcha o proceso de rexeneración que necesita o PP” trala sentencia da Gürtel, que comeza no PPdeG da man de Pablo Crespo e da que o propio Feijóo “impide falar no Parlamento”. Tampouco amosa sinais de aposta pola rexeneración, finalizou, cando non reclama a dimisión do alcalde de Sanxenxo a pesar da sentencia que o condena polo cobro de sobreprezos en vivendas de protección pública.