Información
Localidades de Galicia

Javier Losada, quen foi nomeado este venres delegado do goberno en Galicia.

Información
15 Junio 2018 1424 votos
1 1 1 1 1 1 1 1 1 1

Gonzalo Caballero felicitou en nome propio e no de todos os socialistas galegos a Javier Losada pola súa nova responsabilidade de impulsar na nosa comunidade o traballo desenvolvido polo goberno socialista presidido por Pedro Sánchez.

 

Neste sentido, o secretario xeral dos socialistas galegos destacou a “capacidade” e a “longa traxectoria no partido e na acción pública” de Javier Losada, a quen coñece dende hai moitos anos e quen ten sido alcalde da Coruña, deputado e senador. “É un home de partido que combina experiencia de xestión cun compromiso histórico co PSOE e con lealdade ao goberno de Pedro Sánchez”, resaltou.

Por iso, proseguiu o líder do PSdeG, o novo delegado será quen de colaborar no “impulso á nova etapa” que abre en España o goberno encabezado por Pedro Sánchez, que está poñendo en marcha “unha política de progreso con decisións tan acertadas como a da estender a sanidade pública a todos os cidadáns ou a de dar acollida aos migrantes do buque Aquarius: o goberno de Pedro Sánchez está acertando”.

Javier Losada foi alcalde da Coruña entre 2006 e 2011, despois de ter sido concelleiro de Urbanismo e tenente de alcalde. Licenciado en Medicina e Cirurxía, foi tamén deputado no Parlamento de Galicia e senador, e secretario xeral do PSOE na Coruña de 1999 a 2011.