Información
Localidades de Galicia

VII Torneo de Xadrez Dani da Rocha Prol

Información
15 Junio 2018 1525 votos
1 1 1 1 1 1 1 1 1 1

A competición terá lugar durante todo o día no Pavillón Municipal, que acollerá a centos de xogadores de diferentes clubes

 

Nigrán 15/06/18.- O Clube de Xadrez Laroca, en colaboración co Concello de Nigrán, organiza un ano máis o 'VII Torneo de Xadrez Dani da Rocha Prol", pertencente ao XIII Circuito Gallego de Ajedrez Promoción, e que terá lugar durante todo o sábado no Pavillón Municipal de Panxón. Centos de xóvenes axedrecistas participarán nesta competición na que o clube nigranés rende homenaxe ao seu compañeiro Dani da Rocha, falecido en 2011. Coma no ano anterior, pídese como custe da inscrición unha achega para o banco de alimentos municipal de Nigrán.

O torneo congregará categorías sub-8, 10, 12, 14 e 20 dende as 11.00 horas, sucedéndose as sete roldas ata as 19.40 horas que será a clausura e entrega de premios. Para fomentar a participación, haberá trofeos para os participantes e sorteo de agasallos.

A gran participación neste torneo netamente infantil é unha mostra máis do notable e crecente interese polo xadrez en Galicia. A aparición nos últimos anos de novos clubs e escolas de xadrez que promoven esta disciplina, o incremento da oferta de torneos por todo o territorio e a posibilidade de que o xadrez sexa materia de libre configuración son froito do convencemento dos beneficios que ten a práctica do xadrez na mente de pequenos e maiores. Por todo elo, o Concello séntese especialmente orgulloso de acoller cada ano este evento que rende homenaxe a Dani da Rocha Prol.