Información
Localidades de Galicia

1000 persoas se acercaron este pasado sábado a celebrar a festa do ukelele en Ribadavia

Información
03 Junio 2018 737 votos
1 1 1 1 1 1 1 1 1 1

Concertos exclusivos con ukelele, charlas, obradoiros infantís, mercadillo de deseño, zona de xantar con postos de comida ou intervencións artísticas en directo foron algunhas das propostas que se puideron dentro do Castelo de Ribadavia.


Con esta terceira edición o festival logrou chegar ás mil persoas, cunha afluencia constante de
visitantes durante todo o día. A iniciativa consolidase como o primeiro festival de música que
abre a tempada festivalera de “verán”, cun cartel que xunta artistas galegos con artistas
internacionais, apostando tamén pola variedade de estilos, facendo fincapé na versatilidade do
ukelele ao que renden homenaxe. Así, no festival escoitouse dende o rock’n’roll ao máis puro
estilo anos 50 con Noe Black & The Bang Band, ata o punkgrass máis senlleiro de Os Novos,
pasando tamén polos ritmos latinos de Yoyo Borobia, o pop dos portugueses L’Mantra ou o
hippiepunk de Hardcute Ukelele. A formación ourensán de folk Os Amigos dos Músicos
puxéronlle o broche de ouro final ao evento no auditorio do castelo.
A orixinalidade do Ukp Day é un evento para tódolos públicos, que mistura o concepto de festival
de música co de romaría popular. A entrada é de balde e celebrase en horario diúrno de 12:00h
a 22:00h.
Máis información na páxina web: www.ukpday.com
Enlace vídeo oficial: https://vimeo.com/221718718
Enlace programa terceira edición: https://ogatocosmico.wixsite.com/ukp-day/programa