Información
Localidades de Galicia

O Concello de Nigrán iniciou hoxe as obras de acondicionamento das marxes do río Muíños

Información
31 Mayo 2018 774 votos
1 1 1 1 1 1 1 1 1 1

Os traballos devolverán o equilibio natural o río facendo del un espazo fluvial de referencia en Galicia dende o punto de vista paisaxístico, ambiental e incluso técnico, xa que para a súa recuperación se aplicarán solucións de drenaxe sostible pioneiras na comunidade.

Neste eido, Audeca é unha empresa especialista en restauracións hidrolóxicas con obras señeiras a nivel nacional como a recuperación do río Negro (Zamora), orzamentada en 3 millóns de euros a cargo do Ministerio de Medio Ambiente e que supuxo unha mellora na calidade das súas augas, o acondicionamento da súa canle e, consecuentemente, a recuperación da colonia de náyades (Especie de mexilón protexido).

As obras previstas, que deberán estar rematadas este ano, comprenden 300.000 metros cadrados nos máis de 2 km de curso medio en Porto do Molle e 3 no río Nespereira, contemplando dende á revexetación das súas ribeiras con técnicas de bioenxeñaría novidosas á creación de espazos de bosque natural (non sempre transitable) ou a instalación de bandas de protección nas marxes e creación de pendentes naturais. Durante estas 3 primeiras semanas os traballos se centrarán no desbroce de maleza da súa contorna e a eliminación de árbores enfermos para consolidar os que se atopan en bo estado.

As distintas obras están destinadas a frenar a enerxía do río en todo o tramo e, con elo, minimizar o impacto da erosión. Nesta liña, o equipo multidisciplinar liderado polo arquitecto Ángel Santorio e o enxeñeiro forestal Javier Santiago propón técnicas de drenaxe sostible pioneiras en Galicia e baseadas no concepto de lagunaxe, é dicir, mediante a laminación de auga en brañas preexistentes ou creando lagoas artificiais ou humedais. Así, se priorizan os seus recursos naturais e non se lle engade ningún ornato artificial.

O proxecto contempla tamén a creación de núcleos de ocio e deportivos totalmente integrados na paisaxe e nos que destaca a creación dunha pista de atletismo e outra de skate-scooter, “dúas disciplinas nas que existe unha gran demanda social de instalacións", explica o alcalde, Juan González. No eido deportivo, a esta pista de 450 metros de lonxitude e 6 rúas súmase un circuito de running circular de 4,5 km ou a mellora do sendeiro existente. Estas dotacións atópase na parcela urbanizable destinada a usos deportivos, e ao seu carón haberá unha zona de recreo infantil e familiar con elementos de recreo como columpios, tirolina, circuito de bicicletas…

"Trátase dun proxecto clave para este goberno cuxo obxectivo primorial é devolver ao río o seu equilibrio natural, fortemente alterado pola presión urbanística do polígono empresarial e da autoestrada, o que provoca cambios bruscos na súa hidroloxía que, a súa vez, alteran a paisaxe con rapidez, como se pode constatar no ecosistema dunar de praia América", resume González.