Información
Localidades de Galicia

A web da Real Academia Galega fai pública a documentación do fondo do Facho relacionada con María Victoria Moreno

Información
22 Mayo 2018 1042 votos
1 1 1 1 1 1 1 1 1 1
  • A publicación realízase na véspera do aniversario da conferencia sobre a lingua galega que a autora pronunciou o 23 de maio de 1975 nun ciclo con perspectiva de xénero organizado pola agrupación cultural
  • O fondo do Facho, custodiado no Arquivo da RAG, conserva correspondencia da escritora e filóloga arredor deste relatorio. As cartas son testemuño do seu coñecemento da realidade sociolingüística do momento e das dificultades que sufría, como tantas escritoras, para conciliar a vida familiar coa escrita e o activismo cultural
  • Forman tamén parte deste fondo os mecanoscritos de catro relatos cos que a autora protagonista do Día das Letras Galegas 2018 participou nos anos 70 no premio de contos infantís convocado pola asociación. Dous deles foron logo integrados en Mar adiante (1973), o seu primeiro libro

A Coruña, 22 de maio de 2018. - "Envíolles currículum e mais guión. Todo foi escrito a man porque son neste intre as tres da mañá e non podo espertar coa máquina a miña filla nin a rapazada dos veciños. Perdón. Agradézolles as súas inquedanzas polo meu desprazamento e mais estancia na Coruña, pero non hai problema de ningún xeito: irei no meu coche e voltarei a Pontevedra esa mesma noite". Estas poucas liñas de María Victoria Moreno e as que as acompañaban nunha carta remitida ao Facho na primavera de 1975 din moito da protagonista do Día das Letras Galegas de 2018. Corenta e tres anos despois, https://academia.gal/documents/10157/1036956/Mar%C3%ADa+Victoria+Moreno+no+fondo+do+Facho.pdf">a RAG amosa dixitalizada documentación do fondo da devandita agrupación cultural relacionada coa autora, correspondencia e mecanoscritos de varios relatos infantís que son testemuño da súa creatividade literaria, do seu coñecemento da realidade sociolingüística da terra que a acolleu e tamén, como salientou o pasado 17 de maio a académica Marilar Aleixandre, da falta de tempo e espazo propio que, como tantas escritoras, sufriu.

Nestas liñas remitidas ao Facho queda retratada a autora que durmía pouco para poder escribir no escaso tempo que lle deixaba o coidado da familia, a muller á que lle gustaba conducir -igual que á protagonista de https://academia.gal/inicio/-/asset_publisher/m2gF/content/anagnorise-a-novela-que-retratou-o-que-pasaba-na-tua-clase-do-instituto">Anagnórise, a novela que décadas despois a convertería nun referente da literatura xuvenil-; a filóloga que chegou a Galicia en 1963 e que axiña foi boa coñecedora, e analista, da realidade sociolingüística de terra que fixo súa. Demostrouno, entre outros foros, no que lle brindou o Facho o 23 de maio de 1975 na Coruña, onde impartiu o relatorio dedicado ao “ensino das linguas vernáculas” dentro do ciclo titulado "Galicia e a muller galega", no que estaba previsto, ao longo de seis sesións, contar coas achegas doutras tantas mulleres de distintos eidos. Nesta tribuna María Victoria Moreno abordou problemas como a diglosia, "a permeabilización" do galego por parte do castelán, o papel de axentes como a escola, a igrexa, a administración e os medios de comunicación e mesmo a "responsabilidade da muller" na transmisión interxeracional do idioma galego, tal e como bosquexaba no guión remitido ao Facho.

"A muller, máis sensible aos prexuízos sociais, é a primeira desertora do galego, feito que repercute na desgaleguización dos fillos", advertiu no relatorio María Victoria Moreno, segundo recollían as crónicas dos xornais do día seguinte. Malia que naquela altura aínda non se realizaran estudos que apoiasen con cifras este argumento, xa foran publicadas investigacións internacionais que indicaban a existencia dun padrón de comportamento nas mulleres que implicaría unha maior tendencia a cambiar cara á variedade máis prestixiada en sociedades con situacións de contacto de linguas. Décadas despois, as análises demolingüísticas da realidade galega corroborarían que, malia non existiren diferenzas avultadas, tal e como observara xa María Victoria Moreno naquela conferencia a mediados dos anos 70, as mulleres fan un maior uso do castelán que os homes e que esta fenda de xénero se amplía coa entrada no mundo laboral e nas contornas periurbanas ou vilegas urbanas.

María Victoria Moreno acompañou o guión da conferencia enviado ao Facho días antes de pronunciar a conferencia dunhas breves notas autobiográficas, tamén dispoñibles en versión dixital. Nesta presentación persoal mantiña, coma sempre fixo, que nacera en 1941 (dous anos despois da data real de nacemento), quizais pola tardía incorporación, por motivos económicos, ás aulas de bacharelato. Aquela etapa estudáraa, recordaba igualmente de xeito telegráfico, no Liceo Francés de Barcelona e foi entón cando gañou, con 14 anos, o seu primeiro literario cun texto escrito no idioma que promovía o centro. Despois chegarían, coa oposición de profesora de ensino medio xa aprobada, o recoñecemento acadado como finalista do Premio Café Gijón (1969), o primeiro premio de relatos dos Xogos Florais de Guimarães (1970) e tamén o segundo posto do Premio O Facho de 1972 de literatura infantil con "Crarisca e Luceiro", proseguía.

O mecanoscrito deste relato consérvase no fondo do Facho que custodia a Real Academia Galega, xunto ao "Conto de Mariquiña", que presentara á mesma edición. Ambos os dous foron integrados en 1973 en https://academia.gal/inicio/-/asset_publisher/m2gF/content/mar-adiante-unha-escola-diferente-a-bordo-do-arroas">Mar adiante, o primeiro libro de María Victoria Moreno, onde selou de por vida un dobre compromiso literario: escribir sempre en galego e centrarse no público infantil e xuvenil, sen dúbida co mesmo propósito que a movía como conferenciante ou profesora dos cursos de galego, outra faceta sinalada nos apuntamentos biográficos para O Facho e que desenvolvía desinteresadamente en distintas localidades, incluso despois de que lle custara a retirada do pasaporte por parte das autoridades franquistas.

O fondo do Facho conservado no Arquivo da RAG conta tamén cos mecanoscritos doutros dous contos cos que María Victoria Moreno concorreu a outras edicións do premio creado pola asociación en 1968 (cando se premiou A galiña azul de Carlos Casares) para promover a creación de obras en galego dedicadas ao público máis novo. Son o de "A brétema", conto presentado na edición de 1973, e o de "O cataventos", co que volveu ser premiada, desta volta co primeiro galardón, en 1975. Entre a correspondencia referida a María Victoria Moreno, este fondo amosa ademais unha carta do seu amigo https://academia.gal/inicio/-/asset_publisher/m2gF/content/maria-victoria-moreno-serve-de-exemplo-para-todas-as-persoas-que-somos-galegas-de-nacemento">Xavier Senín na que lle solicita á asociación en nome da autora autorización para verter ao catalán o relato "O cataventos", “El penell”, tradución que vería a luz en 1989 a través da editorial Abadía de Montserrat.


La Magistrada del Juzgado Nº 1 de Santiago emite Auto de Procesamiento contra Miguel Delgado para darle proceso a la Querella de Mar Sánchez Sierra..."que exige 150.000 euros, y borrar toda la información pública del PPdeG su nombre y cargos públicos.."  y de postre METERLO EN LA CÁRCEL UN MÍNIMO DE OCHO AÑOS Y MEDIO (+) por que...

Xornal Galicia esta libre de periodistas "mermeleros"..nos negamos a recibir fondos públicos a dedo y sin concurrencia pública "...(+)- Convenios...(+)  - Diario.es(+) - Xunta.(+) - XornalGalicia.(+) - Google...(+)  - Tercera...(+)  - Público.es(+)Cuac FM(+)  
Todas las querellas y denuncias contra Miguel Delgado y Pladesemapesga van encaminadas a que se borre la información veraz, constratada y documentada del Partido Popular de Galicia...SOS Internacional.+ 
Según Javier Marzal Mercader  los funcionarios públicos han creado un nuevo negocio que consiste en recibir indemnizaciones por denunciar que han sido injuriados (insultados) o calumniados (acusados de haber cometido un delito a sabiendas de su falsedad) ver artículo completo..(+).

ARDICES DOCUMENTALES DE LOS SERVICIOS ADMINISTRATIVOS PARA QUE PROPEREN LAS QUERELLAS CRIMINALES CONTRA MIGUEL DELGADO antecedentes y hechos literales documentados en resoluciones oficiales de la Xunta de Galicia

La notoriedad y el «negocio» de las querellas - ABC.es

La Sala Segunda del Supremo no se cansa se aclarar que no se puede basar una querella en recortes de prensa, un aldabonazo que ha recibido más de una vez la acusación popular por excelencia:

Finales del año 2017,-   Lo   Publicado por Xornal Galicia con los pdf descargables a finales del año 2017 meses antes de la "trama administrativa orquestada para que prosperara la querella criminal en manos de la Magistrada del Juzgado Nº 1 de Santiago de Compostela Ana López-Suevos Fraguela ..   

15 de Marzo de 2018.- El día 15 de Marzo de 2018 Miguel Delgado presenta escrito de información pública PR-100A que es respondido por el 22 de Marzo de 2018 Secretario xeral Técnico de Sanidad-Sergas Sr Alberto Fuentes Losada el dia 22 de Marzo de 2018 suspendiendo el plazo para notificar al Sr Rafael Álvaro Millan Calenti. Copia descargable. 

23 del Marzo de 2018 .- Justo un día después de estas fechas el Sr Rafael Álvaro Millan Calenti presenta querella criminal contra Miguel delgado, sumándose asi a su excompañera de trabajo Sra Mar Sierra en SanidadCopia descargable. 

2 de Abril de 2018.-  se emite certificación de ACTO PRESUNTO del silencio administrativo producido.Copia descargable. 

18 del Mayo de 2018.-  El Secretario Xeral Técnico emite resolucion informando de las subvenciones públicas que recibe el Sr calenti desde la Xunta a la UDC donde es profesor asociado a la UDC que dice ;Copia descargable. 

Expediente AGRUP 2015/15 CICA-INIBIC, onde José Carlos Millán Calenti é coordinador dun dos 22 grupos que compoñen a agrupación,importe total concedido a agrupación 500.000 € (en tres anualidades: 100.000 € no ano 2015, 250.000 no ano 2016 e 150.000 no ano 2017) Copia descargable. 

...., en relación có expediente GPC 2014/082 no que figura como coordinador do grupo José Carlos Millán Calenti, importe total concedido 70.000 € (en tres anualidades: 17.500 € no ano 2014 e 2016 e de 35.000 € no 2015) (DOG núm. 202, 24.11.2017), en relación co expediente grupo referencia competitiva ED431C 2017/49 no que figura como coordinador do grupo José Carlos Millán Calenti, importe total concedido 200.000 € (en catro anualidades, do 2017 ao 2020, por importe cada unha delas de 50.000 €).Copia descargable. 

22 de Mayo 2018 ,- es admitida a trámite la querella criminal La Magistrada del Juzgado Nº 1 de Santiago de Compostela Ana López-Suevos Fraguela contra Miguel delgado.- Copia descargable. 

03 de Agosto de 2018.-  curiosamente sin que nadie lo pidiese NI SOLICITASE y admitida la querella criminal por los datos certificados por el mismo , Secretario de Universidades Sr José Alberto Díez de Castro emite un nuevo certificado, desdiciendose de los anteriores en base a un supuesto error, afirmando que el Sr Millán Calenti no recibió ninguna subvención pública ni pertenece a ningún equipo de investigaciónCopia descargable. 

Solicitada petición expresa de que notificara al juzgado el "presunto error" se ha negado a día de hoy ( para no "fastidiarle el trámite de la querella criminal al Sr Rafael Álvaro Millán Calenti ), con lo que la querella sigue en curso procesal. Copia descargable.

Ver últimas amenzas de más querellas criminales contra Miguel Delgado. Se suma Jesús Palmou y Enrique Losada Puerto Coruña..(+)

Adjuntos:
ArchivoDescripciónTamaño
Descargar este archivo (35 - Auto de Apertura J. Oral - 26-06-19.PDF)35 - Auto de Apertura J. Oral - 26-06-19.PDF   168 kB
Descargar este archivo (36 - Emplaza a Delgado para comparecer con nuevo abogado o turno - 04-07-19.PDF)36 - Emplaza a Delgado para comparecer con nuevo abogado o turno - 04-07-19.PDF   153 kB
Descargar este archivo (actoconciliacionprevioquerellajesuspalmou.pdf)actoconciliacionprevioquerellajesuspalmou.pdf   186 kB
Descargar este archivo (burofax-amenazadequerella-EnriqueLosada-PresidentePuertodeAcoruna.pdf)burofax-amenazadequerella-EnriqueLosada-PresidentePuertodeAcoruna.pdf   221 kB

 El Periodista Miguel Delgado pone en conocimiento de las Principales Organizaciones Internacionales de defensa de los periodistas los ataques contra su persona por Instituciones de Galicia por ejercer la libertad de Prensa.

Puedes seguir este artículo en; @cayetanaAT @FeijooGalicia @_MartaGonzalez_ #secretariademedios @pp @ppdeg #ppdegalicia @xunta #xunta #retegal #amtega #eleccionesxunta @IdiazAyuso @idiazayuso2019 #retegal #amtega #bng #psdeg #enmarea #ciudadanos #feijoogalicia #galiciafeijoo @TurismoGalicia @Turgalicia @TurismoGalicia1) @turismoriasbaixas @PresumeDGalicia
@ppdegalicia #turismogalicia #costadamorte #xunta #xuntadegalicia #pp #ppdeg #ppdegalicia #riasbaixas #riasaltas #costadamorte #islascies #ascatedrais #ribeirasacra #ribeirasacra #vigo #lavozdegalicia #lacozdegalicia #mermeleros #cloacasperiodismo #TEM_RistoMejide #RistoMejide #TEM #FeijóoConVox #GaliciaSuma #EspañaSuma #EvoMorales #Bolibia #galiciafeijoo #feijoogalicia #turismogalicia #FeijóoConVox.

Que teñen preguiza. Nunca quixeron traballar:  Denuncia; Envíanos los datos a holgazan@acciónytransparenciapublica.com     mais sobre preguiza..+