Información
Localidades de Galicia

O alcalde volverá convocar actos para defender o tren de alta velocidade directo por Cerdedo

Información
09 Mayo 2018 654 votos
1 1 1 1 1 1 1 1 1 1

O rexedor anunciou este martes "novas mobilizacións" para defender a variante do AVE por Cerdedo dado que hai 15 anos que non se avanza no proxecto. En declaracións aos medios, defendeu que esta infraestrutura daría cobertura a un millón de persoas.



O alcalde avanzou esta mañá "novas mobilizacións" para defender o tren de alta velocidade Vigo-Ourense directo por Cerdedo, unha vez que o ministro de Fomento, Íñigo de la Serna, anunciou un inversión de 1.600 euros para un tren que unirá Lugo e Ourense. "Eu non obxecto en absoluto ese proxecto pero hai 15 anos que non adican un só euro e un só esforzo ao tren de alta velocidade Vigo-Ourense directo por Cerdedo, que da cobertura a un millón de persoas", dixo. En declaracións aos medios, criticou que o proxecto leva parado 15 anos, enfatizando que a tramitación da declaración de impacto ambiental nin sequera ten custo económico algún.