Información
Localidades de Galicia

O Portavoz do Gurpo Mixto Municipal do concello de Oia, xoán lois vila, critica ao PP por mostrar ter gusto polo ridículo e por demostrar sua ignorancia!

Información
02 Mayo 2018 729 votos
1 1 1 1 1 1 1 1 1 1

A alcaldesa Cristina Correa segue manipulando a información e as ordenanzas municipais ó seu interese!

Dende o Grupo Mixto Municipasl denunciamos que o propietario arrendador do local posiblemente paga a taxas do lixo como vivenda sen que o Edil arrendatario tivese coñecimento nin constancia, según seus argumentos e así o recoñeceu no pleno da corporación, xa que non dispuxo de Licencia de Costas durante cinco anos, e non tiña constancia de evadir os impostos municipais.



Dende o Grupo Mixto denunciamos que Portela e Correa parecen descoñecer que no caso das instalacións ou establecementos con actividade comercial, industrial, profesional ou outra, os titulares da actividade ou actividades que se realicen nos locais están suxeitos ao pagamento da taxa. 

Denunciamos tamén que si os propios Concelleiros do goberno eluden pagar impostos municipais moito menos serán capaces de facer as recaudacións das taxas municipais que o concello precisa percibir dos contribuintes para a propia financiación do concello.

No caso das instalacións ou establecementos con actividade comercial, industrial, profesional ou outra, os titulares da actividade ou actividades que se realicen nos locais están suxeitos ao pagamento da taxa. 

A recepción obrigatoria entenderase como o servizo prestado a todos os usos comerciais, industriais, profesionais ou outros que se atopen en condicións de habitabilidade ou uso, independentemente de que estean habitados ou utilizados.