Información
Localidades de Galicia

O Goberno do PPdeG na Consellería de Industria, consideramos que se están conculcando os nosos dereitos fundamentais dun xeito deliberado para ocultar información sensible

Información
02 Mayo 2018 1252 votos
1 1 1 1 1 1 1 1 1 1
Na segunda quincena de xaneiro deste ano 2018 aproximadamente 40 organizacións (anexo listado incompleto) dirixímonos á Consellería de Emprego, Enerxía e  Industria solicitando acceso ao expediente administrativo da concesión da mina de cobre de Touro co obxecto de coñecer as condicións nas que foi outorgada dita concesión e todos os procedimentos administrativos que aconteceron ata a data de hoxe (analíticas, multas, subvencións, actas de inspección, subcontratas, peche da actividade extractiva, etc).
 
Pasados tres meses sen obter resposta algunha (anexo o modelo de requerimento presentado na Consellería de Industria), consideramos que se están conculcando os nosos dereitos fundamentais dun xeito deliberado para ocultar información sensible e, por iso acudimos á Valedora do Pobo solicitando a súa intervención urxente (anexo apertura expediente no Valedor do Pobo).
 
Por todo isto solicitamos unha xuntanza coa Valedora do Pobo, que terá lugar este xoves, 3 de maio ás 10.30 horas nas dependencias do Valedor do Pobo (https://maps.google.com/?q=R%C3%BAa+do+H%C3%B3rreo+65,+Santiago+de+Compostela&entry=gmail&source=g" target="_blank" rel="noreferrer">Rúa do Hórreo 65, Santiago de Compostela).
Faremos unha rolda de prensa, á que vos convidamos,  ás 10:20h á entrada da reunión nas mesmas portas do edificio desa institución.
 

LISTADO DE ORGANIZACIÓNS QUE PRESENTARON O REQUERIMENTO

CONFRARÍAS DE PESCADORES:

Aguiño

A Illa de Arousa

A Pobra do Caramiñal

Cabo de Cruz

Cambados

Carril

O Grove

Rianxo

Vilanova de Arousa

Vilaxoán

PRODUTORES DE MEXILLÓN:

CONSELLO REGULADOR DO MEXILLÓN DE GALICIA

Amegrove

Opmega

Asmecruz

Federación Arosa y Norte

APM Illa de Arousa

APM A Pobra

APM San Amaro

APM San Saturnino

APM Virxe do Carmen

Acuimega

ASOCIACIÓN GALEGA DE DEPURADORES

Parquistas de Carril

OPP-20

ASOCIACIÓNS ECOLOXISTAS:

ADEGA

ASOCIACIÓN AMABUL DE VEDRA

ASOCIACIÓN POLA DEFENSA DA RÍA DE PONTEVEDRA (APDR)

COLECTIVO ECOLOXISTA DO SALNÉS

VERDEGAIA

SINDICATOS:

CIG

FRUGA

SLG

PLATAFORMAS:

PLATAFORMA POLA DEFENSA DE CORCOESTO E BERGANTIÑOS.

PLATAFORMA EN DEFENSA DA RÍA DE VIGO

PLATAFORMA DE TOURO- O PINO, MINA NON

PLATAFORMA EN DEFENSA DA RÍA DE AROUSA (PDRA)