Información
Localidades de Galicia

ITH VOLVE ESTA FIN DE SEMANA Á PROVINCIA DE OURENSE CO SEU NOVO DISCO

Información
02 Mayo 2018 1000 votos
1 1 1 1 1 1 1 1 1 1

Ith pisará de novo e por partida dobre terras ourensás ao longo desta vindeira fin de semana para dar a coñecer o seu novo traballo discográfico “O mínimo que o contén todo”. O venres día 4 actuará a partires das 23.30 horas na Sala Baranda do Barco de Valdeorras e o sábado ás 22:00 na Sala Auriense xunto ao Sonoro Maxín.

 

Tralo comezo de xira en Lalín e Carral, e despois do seu paso por Guitiriz, Ourense, Vilar de Santos, Moaña e Betanzos, a Ith aínda lle quedan por diante meses de longa singradura coa presentación do seu disco, que o levará nas vindeiras semanas ata locais doutras localidades como a Sala O Con do Moucho da Illa de Arousa, a FNAC da Coruña, o Forum Celticum de Culleredo, a Sala Doppler de Vigo, o Gatos de Melide, o Clavicémbalo de Lugo ou a Gentalha do Pichel de Santiago de Compostela. Todas as datas actualizadas desta xira poden ser consultadas nas redes sociais da banda, onde tamén se pode contactar con Ith, pois aínda ten aberta a súa contratación.

 “O mínimo que o contén todo” é o título do tema número sete do novo álbum de Ith, que á súa vez dá nome a este traballo que a banda vén de gravar e producir en Abrigueiro Estudios (Friol, Lugo), da man de Arturo Vaquero. O disco está formado por seis cancións de composición propia e un poema musicado do samanense Fiz Vergara Vilariño. O contido intimista, emotivo e reivindicativo dos seus temas marcan moito o camiño musical deste grupo de Xanceda (Mesía), que segue mantendo o seu principio de facer rock galego e en galego.

O disco xa se atopa á venda na Fnac e no Corte Inglés, e tamén pode conseguirse contactando directamente con Ith.

Vídeo promocional: https://youtu.be/VC8EcFljLhw">https://youtu.be/VC8EcFljLhw

Videoclip: https://youtu.be/clT_5Blg8nY">https://youtu.be/clT_5Blg8nY                

 Datas de Presentación

04 Maio: Sala Baranda (O Barco de Valdeorras, 23:30h.)

05 Maio: Sala Auriense(Ourense, 22h.)

12 Maio: Sala O Con do Moucho(Illa de Arousa, 23h.)

16 Maio: Sala Forum Celticum (O Burgo, 23h.)

16 Maio: Fnac (A Coruña, 17:00h).

19 Maio: Sala Gatos (Melide, 23:30h.)

26 Maio: O Vello Cárcere (Lugo, 18h.)

26 Maio: Sala Clavicémbalo (Lugo, 23:30h.)

02 Xuño: Gentalha do Pichel (Santiago de Compostela, 22:30h.)

23 Xuño: Festival O Areal de Berres (A Estrada.)

10 Xullo: Festival Ciclo do dia da Patria Galega (Fene, ás 22:00h.)

20 Abr 2019 11:59

A cita terá lugar no pavillón do IES Río Miño este xoves,...

Agenda de Galicia
19 Abr 2019 11:30

Más de una veintena de barcos se disputarán el Trofeo Comunica...

Agenda de Galicia
19 Abr 2019 10:19

 

El Real Club Deportivo emitirá este domingo, por...

Agenda de Galicia
17 Abr 2019 14:55

O VIII Festival Primavera do Cine proxectará 10 longametraxes...

Agenda de Galicia

caion laracha evaristo alcalde hermanoscalatrava


La Plataforma en Defensa del Sector Marítimo Pesquero de Galicia ha interpuesto a través de un prestigioso gabinete de bogados especializados en asuntos de la administración pública, querella criminal contra el Alcalde de Laracha y subsiadiariamente contra todo su grupo de gobierno en el Concello de A Laracha y Evaristo Lareo Viñas en su condición de Presidente del GAC3 sito en Buño, por haber cometido presuntamente varios delitos penales a lo largo de los últimos diez años entre los más graves, de prevaricación, electorales, medio ambiente, contra el territorio, etc, en la misma constan hechos de verdadera "TRACA CARNAVALESCA" en la que se acredita como Evaristo Lareo Viñas compra con fondos europeos un monocular térmico de visión nocturna por 3.626, 37 euros, para tener bajo control presuntamente un Solar de 15 mil metros cuadrados que recalificó en conveniencia con el Alcalde Popular para acometer un

lineaazul 1600

Estrenos de Cine y Televisión

Siguenos en  -        -  -   Contacte (+) -  feedimagePublicidad +  -  Legal Proteccion de Datos UE.(+)