O Concello de Nogueira de Ramuin denunciado por agresións ao patrimonio da Ribeira Sacra

Información
Localidades de Galicia | 05 Marzo 2022 | 551 Votos | Correo electrónico | Imprimir

Dende Amigos da Terra con data 8 de febreiro pasado presentaramos denuncia pola construción dun miradoiro en Penedos do Castro,  Pombar-Santo Estevo de Ribas do Sil no concello de Nogueira de Ramuín no que manifestabamos que ditas obras presumiblemente carecian de calquera tipo de autorización ou ben non deberia haber sido concedida, xa que afectan a conservación de dito patrimonio e supoñen un atentado contra un dos valores arqueolóxicos e históricos da Ribeira Sacra.



Penedos de Castro xa é por se mesmo un miradoiro natural privilexiado da Ribeira Sacra, grazas a unha das mellores vistas do mosteiro de Santo Estevo e tamén dende onde se pode observar as unións do val do Río Sil co do Río Cabe,  e non é necesario facer nengun tipo de intervención artificial.

Estas construcións afectan ao mencionado patrimonio cultural do castro na zona da muralla e nunha inscrición medieval, tratandose ademais dun espazo protexido e de interese histórico e non se respectan as distancias mínima de perímetro de protección segundo a lei de protección do patrimonio de Galicia.

Con de data de hoxe, 5 de marzo, en  Amigos da Terra recibimos escrito do Servizo de Coordinación Cultural da provincia de Ourense no que comunican que o Concello de Nogueira de Ramuín ten aberto expediente  por infracción administrativa  por falta grave en virtude do artigo 130d da lei 5/2006, do 4 de maio, de Patrimonio  Cultural de Galicia (“d”):

    “A realización de calquera intervención nun ben declarado de  interese cultural ou catalogado ou no seu contorno de protección ou na súa zona de  amortecemento sen a autorización previa da consellaría competente en materia de  patrimonio cultural, cando esta sexa preceptiva, ou contravindo os termos da  autorización concedida, e cando ocasione un dano a este  ben”

Así mesmo, solicítase tamén ao Concello que, no caso de que proceda, dea inicio ao  correspondente expediente de reposición da legalidade (ERL), conforme ao indicado  nos artigos 153 e seguintes da Lei 2/2016, comunicando a esta Consellería os actos de  instrución ao que se refire o citado artigo.

Consideramos, dende Amigos da Terra, que xa son horas de que as administración públicas de Galicia compatibilicen o desenvolvemento das innecesarias infraestruturas coa protección do patrimonio cultural e natural e non se pode seguir atentando contra o “patrimonio da humanidade” da Riberia Sacra mentres sofre toda clase de agresións aos seus valores naturais, etnográficos e culturais.
social youtube xornalgalicia   feed-image