A empresa australiana que controla a mina de San Finx afirma contar co “apoio total” de Feijóo

Información
Localidades de Galicia | 02 Febrero 2022 | 941 votos | Correo electrónico | Imprimir
  • Xornal Galicia | La democracia muere con la perdida de la Libertad de  Expresión..Ecoloxistas en Acción alerta que a empresa mineira australiana, Rafaella Resources, vai presentar un proxecto para explotar a mina de Varilongo nunha macro-operación a ceo aberto, contando con obter o permiso da Xunta en 18 meses.
  • A organización ecoloxista denuncia que no caso de San Finx, Rafaella Resources minte aos accionistas indicando que non existe oposición local, agochando a mobilización do sector do mar da ría de Muros e Noia.

Steven Turner, directivo da empresa australiana Rafaella Resources, afirmou hoxe nunha reunión con accionistas que se reuniu cos altos cargos da Xunta a mediados de xaneiro, e que estes lle mostraron o seu “total apoio”. A empresa aclarou que, ao contrario do afirmado pola Xunta nas últimas semanas, tanto a empresa australiana como Sacyr si avisaran á administración galega de que se produciría a adquisición.

As manifestacións prodúcense a unha semana de que altos cargos e funcionarios da Xunta deban declarar ante o Xulgado de Santiago por presuntos delitos de falsidade en documento público. Entre os feitos analizados encóntranse a necesidade de someter a actividade a unha avaliación de impacto ambiental, algo que a Xunta admitiu por primeira vez en xaneiro, consumada a fuxida de Sacyr logo da venda dos pasivos ambientais á empresa australiana.

Lonxe de admitir o potencial impacto da mina sobre a ría de Muros e Noia, o australiano manifestou que a mina de San Finx está afastada de calquera núcleo urbano, e que non existe oposición local, pasando por alto as intensas mobilizacións do sector do mar, que ve que a mina, a 7 km da ría de Muros e Noia, podería afectar aos máis de 2.000 postos de traballo asociados á actividade marisqueira.

Sen garantías económicas
Rafaella Resources conta con poñer San Finx a producir na primeira metade de 2024, pero só ten 600.000 euros en caixa, que nin sequera lle permiten afrontar o custo da eliminación dos residuos mineiros acumulados nas presas abandonadas e moito menos a planta de tratamento de augas ácidas de mina contemplada no proxecto de vertidos. Por este motivo, Ecoloxistas en Acción demandou á Xunta que impoña garantías económicas para evitar a fuga de Sacyr e que San Finx pase a engrosar a lista de minas non restauradas que continúan contaminando anos despois do seu abandono, como ilustran os casos de Monte Neme, Touro ou Penouta.

De non establecer garantías financeiras, Ecoloxistas xa anunciou aos funcionarios e altos cargos actuantes que lles esixirá responsabilidades patrimoniais individuais ao cargo do seu patrimonio persoal no caso de que a empresa acabe por non ser capaz de asumir os custos das súas responsabilidades ambientais. Tamén alerta que a actuación da Xunta podería ser delictiva, e que avanzará con novas denuncias penais por inacción.


Santa Comba a ceo aberto
O directivo australiano tamén anunciou que nos dous próximos meses presentará o proxecto para unha nova mina a ceo aberto en Varilongo, que ocupará toda a zona do antigo xacemento subterráneo ademais de crear enormes escombreiras e depósitos de lodos nas zonas próximas. O proxecto está sendo redactado pola consultoría CRS Ingeniería, que xa fixera o proxecto para a fracasada mina de Corcoesto en 2011.

social youtube xornalgalicia   feed-image