Volven as denuncias contra a xestión de Feijóo nas residencias de maiores é esixen á Xunta de Galicia que interveña dúas residencias, en Vigo e Santiago

Información
Localidades de Galicia | 17 Enero 2022 | 312 Votos | Correo electrónico | Imprimir

30 de Septiembre de 2020 María del Mar Sánchez Sierra muy feliz tras  conocer que Pedro Sánchez le va a transferir 50,71 millones de euros a la  Xunta para poder seguir dilapidandoFederación  Galega de Asociacións de Familiares e Usuarias de Residencias e da Dependencia (REDE) esixe á Xunta de Galicia que interveña dúas residencias, en Vigo e Santiago, nas que se detectaron brotes masivos de COVID-19 en residentes e traballadorxs.

 

A pesar de que durante a primeira onda da COVID, a mortalidade centróuse nas residencias privadas ou de xestión privada e de que o Consello de Contas advertíu ao Parlamento das deficientes condicións das mesmas, a Xunta de Galicia non cambio a súa estratexia de deixalas en mans privadas e como consecuencia:

-Nas residencias de maiores de Galicia producíronse 816 mortes. Aínda que menos do 1% da poboación reside nas mesmas, concentraron o 43% de todas as mortes por COVID.

-Nestas dúas residencias,  e a pesar de recibir as tres vacínas, volvéronse a infectar o 70%, das persoas residentes e o 31% dxs que traballan nelas.

-Segundo informaron  as familias, a falta de persoal e as baixas laborais por infección, deixaron a estes centros sen os profesionais necesarixs para garantir o adecuado coidado dos/as internos/ as, e non recibiron atención nas súas habitacións, e non puideron saír a pasear ou tiveron problemas de alimentación.

-Os familiares, denuncian tamén, que nin a Xunta de Galicia nin as empresas que xestionan as residencias, informáronlles adecuadamente do novo brote, non souberon nada ata varios días despois, e cando a recibiron, xa estaban afectadxs ao redor de oitenta residentes contaxiadxs.

Para a Asociación Galega para a Defensa da Sanidade Pública ,resulta inaceptable que a pesar da experiencia acumulada durante a pandemia, sobre a grave repercusión da COVID para as persoas maiores ingresadas en residencias privadas:

  • ·Continúe a estratexia de deixalas maioritariamente en mans de multinacionais e fondos de investimento (incluso unha destas dúas foi adxudicada a metade da pandemia). Resulta  polo tanto necesario e urxente reintegralas ao sistema público.
  • ·As persoas que viven nas residencias, seguen sen recibir asistencia dos Centros de Saúde (ninguén pode perder este dereito por estar nun centro de maiores).
  • ·Siga sen priorizarse os esforzos en protexer á poboación máis vulnerable, como é a aloxada nas residencias.

Esiximos por tanto a integración de todo este sector no Sistema Público e a súa coordinación coa Atención Primaria, para garantir a promoción, prevención e tratamento das persoas maiores nesta e futuras epidemias.

Asociación Galega para a Defensa da Sanidade Pública.

social youtube xornalgalicia   feed-image