Só nos últimos anos, a Xunta aprobou proxectos para minas que non foron sometidas a avaliación ambiental

Información
Localidades de Galicia | 09 Diciembre 2021 | 893 Votos | Correo electrónico | Imprimir
Feijóo ten que defender os intereses de Galiza, non os da multinacional que  quere abrir a mina de Touro - Xornal Galicia | Xornal GaliciaA empresa Cobre San Rafael négase a facer pública información sobre o proxecto de drenaxe da Mina de Touro

  • Cobre San Rafael, S.L. presenta un recurso ante a Xunta de Galicia  e a Valedora do Pobo para impedir o acceso de Ecoloxistas en Acción ao expediente do proxecto.
  • No recurso presentado, a empresa acusa a Ecoloxistas en Acción de manipular e terxiversar informacións relativas á minería, así como de ter obxectivos espurios no desenvolvemento das súas accións en defensa do medio ambiente.
 
O pasado 17 de novembro, o CEO representante da empresa Cobre San Rafael, S.L. (CSR), presentou un recurso administrativo ante a Consellería de Economía, Empresa e Innovación da Xunta de Galicia, contra a súa Resolución de acceso de información ao Expediente relativo os expedientes de restauración medioambiental e ao proxecto de drenaxe temporal da Mina de Touro.

Na devandita resolución, a Consellería permitía o acceso a Ecoloxistas en Acción ao expediente correspondente ao proxecto de drenaxe temporal para a concesión de explotación “San Rafael” e oas plan de labores e restauración medioambiental da concesión en atención á aplicación da Lei 27/2006, de 18 de xullo, pola que se regulan os dereitos de acceso á información, de participación pública e de acceso á xustiza en materia de medio ambiente.

Con esta actuación, a empresa pretende agochar información relevante sobre un proxecto de enorme calado, xa que implica unha autorización de vertidos de augas residuais mineiras nos cauces pluviais da zona e supón ademais unha modificación substancial do proxecto definitivo de abandono e clausura da instalación e do plan de restauración.

Desde Ecoloxistas en Acción lembran que esta instalación figura no “Inventario de instalaciones de residuos de industrias extractivas cerradas y abandonadas en España que tienen un impacto medioambiental grave o que pueden convertirse a medio o corto plazo en una amenaza grave para la salud de las personas o para el medio ambiente” do Ministerio para la Transición Ecológica y el Reto Demográfico (ver inventario).

Acusacións sen fundamento contra Ecoloxistas en Acción e a Xunta de Galicia
No recurso presentado, CSR abunda en insultos e descualificacións contra Ecoloxistas en Acción, polo lexítimo labor que desempeña en defensa do medio ambiente e a saúde dos galegos e das galegas.     
Concretamente, no recurso, CSR acusa á organización ecoloxista de utilizar “el cauce legal de las solicitudes de acceso para obtener información sensible con la expresa y espuria intención de filtrarla y entregarla a terceras entidades que vienen haciendo un uso indebido, por manipulación intencionadamente tergiversada e infundada de su contenido, redundando en perjuicio y descrédito público” da mineira.

Igualmente, achaca á entidade de “espurias intenciones” que “llegan al extremo de materializarse a través de la interposición de denuncias penales sin fundamento objetivo alguno, con patente, abusiva y temeraria utilización de los cauces procesales, pretendiendo abrir indefinida y concatenadamente, en muchos casos, lo que se suele denominar “causas penales generales” contra determinadas empresas y proyectos mineros, afectando incluso a profesionales como Directores Facultativos y otros ingenieros y a funcionarios y cargos públicos”.

A empresa chega ao extremo de ridiculizar e poñer mesmo en duda o traballo dos empregados públicos da Consellería de Economía, Empresa e Innovación, acusándoa de aplicar “Justicia salomónica” ao dar acceso ao expediente referido, cometendo así “una flagrante desviación de competencia, e infringe, como destacamos en el encabezamiento de esta alegación, los principios de rogación y congruencia, al concederse el acceso ultra petita.”  e deixarse influenciar polos informacións mediáticas.


Algo Ee Esconde
Co obxectivo de denunciar a falta de transparencia da Xunta de Galicia na autorización de proxectos mineiros altamente contaminantes por todo o país, Ecoloxistas en Acción comezou a campaña “Algo se Esconde”. Só nos últimos anos, a Xunta aprobou proxectos para minas que non foron sometidas a avaliación ambiental, negou a personación no proceso de autorización tanto a organizacións ecoloxistas como a veciños e agochou información fundamental sobre os expedientes, que debería ser pública.

social youtube xornalgalicia   feed-image