Publica nas súas RR.SS, “…os caprichos pederastas dalgúns traballadores do concello”

Información
Localidades de Galicia | 17 Noviembre 2021 | 327 votos | Correo electrónico | Imprimir
social youtube xornalgalicia   feed-image

Francisco Javier Novoa García, Funcionario e delegado de persoal, polo Sindicato da Administración Pública (SAP) do Concello de Ourense, e con domicilio a efectos de notificación en Praza maior, 1 (32005 Ourense),

EXPÓN:

  • O 13.11.2021 Xosé Dorrío, persoal eventual do Concello de Ourense nomeado por decreto de alcaldía, publica nas súas RR.SS,  “…os caprichos pederastas dalgúns traballadores do concello”, e insta á policía e garda civil a que busquen contidos pederastas nas contas oficiais do Concello.
  • Cando dí traballadores do Concello entendemos que son todos aquelas persoas que cobran das arcas municipais.
  • Desta publicación fixéronse eco nos días seguintes diversos medios de comunicación.
  • Esta afirmación é moi grave, acúsase a todos os traballadores do concello dun presunto delito de pederastia.
  • O 15.11.2021 un medio local recolle as declaracións de Xosé Dorrío onde dí que non vai a poñer ningunha denuncia sen nada e que non perde o tempo niso porque non lle ten moita fe no que poidan facer.

SOLICITA:

  • Como máximo responsable desta Administración, máis ainda ao ser Xosé Dorrio persoal eventual, esixirlle de inmediato que presente a documentación e as probas que teña no seu poder á autoridade competente para denunciar este presunto delito de pederastia. De ter as probas e non denunciar o delito poderíase incurrir nun presunto delito de encubrimento.
  • De non presentar a denuncia porque non hay probas, tomar todas accións legais ao alcance do Concello para limpar o nome desta Administración e dos seus traballadores porque este señor estaría incurrindo nun presunto delito de inxurias e/ou calumnias.
  • O cese inmediato deste persoal eventual, as acusacións realizadas sobre a institución e os seus traballadores non se poden admitir fágaas quen as faga e menos un persoal de confianza de Alcaldía.

Ourense, 16 de novembro de 2021

Asdo. Fco. Javier Novoa                                                                                 

Tlf. contacto 

ALCALDE DO CONCELLO DE OURENSE