Feijóo se autoretrata como PINOCHO el solo cando dí; ESTAR PREOCUPADO POLO RISCO DUNHA SEXTA ONDA DA COVID MENTRES “DESPIDE A MÁIS DE 500 PROFESIONAIS SANITARIOS” DE REFORZO

Información
Localidades de Galicia | 12 Noviembre 2021 | 750 votos | Correo electrónico | Imprimir
social youtube xornalgalicia   feed-image

Mentres morren ancianos nas residencias sen control María del Mar fai  publicidade de Fake News sobre os mundos de YUPI referendose a terceira  idade en Galicia e a Fiscalía sen actuar. -

O voceiro parlamentario do PSdeG rexeita os orzamentos da Xunta que reducen para 2022 partidas “tan importantes” como Atención Primaria ou Saúde Pública: "defendemos apostar pola sanidade pública"

Respalda a mobilización convocada este domingo por SOS Sanidade Pública en Santiago: “é hora de frear a deriva do PP, protexer a sanidade pública e dicir ‘basta xa’ á política continua de recortes”

 

Santiago de Compostela, 12 de novembro de 2021. O voceiro parlamentario do PSdeG, Gonzalo Caballero, sinalou hoxe como “totalmente incongruente e inaceptable” que Feijóo diga estar preocupado pola risco dunha sexta onda da covid mentres “despide a centos profesionais sanitarios” que foron contratados para o reforzo do sistema, agora, “cando máis falla fan”.

El Gobierno de Feijóo dio orden de borrar todo rastro de las mascarillas  falsificadas compradas por el Sergas cuyos documentos están preservados en  manos de Xornal Galicia. - Xornal Galicia | Xornal Galicia

Non podemos entender como o presidente da Xunta reduce os orzamentos en Atención Primaria, en promoción de Saúde Pública e como rescinde o contrato a máis de 500 profesionais sanitarios que foron contratados nos peores momentos da covid” poñéndoos “na rúa”, censurou o dirixente socialista.

Ao fío disto, Gonzalo Caballero criticou a “política continua de recortes do PP” logo de sinalar as “eivas” dos orzamentos da Xunta que reduciron partidas, para 2022, “tan importantes” como Atención Primaria ou Saúde Pública que son “dous piares fundamentais” para saír desta etapa poscovid.

Isto chega, lamentou, ao tempo que “se incrementan as listas de espera en Atención Primaria, Cirúrxica e Hospitalaria”, cando os profesionais sanitarios “están saturados” e ao tempo que se reducen os servizos sanitarios “en tantos hospitais e centros de saúde de toda Galicia”.

EMENDA AOS ORZAMENTOS: MÁIS FONDOS PARA PRIMARIA E MÁIS PERSOAL

Feijóo xestiona un baile de infectados por coronavirus que o confunden,  aparacen e desaparecen en función dos seus intereses personais e políticos.  - Xornal Galicia

Por todo isto, o voceiro parlamentario socialista avanzou que o PSdeG emendará os orzamentos da Xunta co obxectivo de incrementar os fondos que se dediquen á Atención Primaria e, especificamente, á contratación de persoal sanitario tanto en Primaria como en Hospitalaria, xa que ambos servizos se atopan en moitos casos “desbordados e sobrepasados”.

Imos despregar toda a iniciativa parlamentaria necesaria para que a Xunta rectifique o seu desprezo e ataque á sanidade pública”, sentenciou Gonzalo Caballero quen sinalou que coa covid se evidenciou que a defensa da sanidade publica “é fundamental”, polo que fixo un “chamamento” ao goberno galego para que se “comprometa” coa sanidade pública.

EXTREMAR TODAS AS PRECAUCIÓNS” ESTE NADAL

Feijóo lider español en atacar los derechos fundamentales de los ciudadanos  avalado por el fallo del TSXG sobre la ilegalidad de la medida de los  certificados del Covid - Xornal Galicia |

Noutro orde de cousas, o responsable socialista destacou o “éxito” da estratexia de vacinación levada a cabo polo goberno de España que permitiu que máis do 90% dos galegos e galegas da poboación diana estean vacinados. Así, lamentou que haxa unha “parte pequena da poboación” que non foi vacinada por unha “falla de vontade persoal”.

Por iso, incidiu, “é necesario extremar todas as precaucións para que este Nadal poidamos desenvolver as festas e períodos vocacionais con toda a seguridade e permitindo todo o desenvolvemento da actividade económica, social e comercial en plenitude e cos protocolos vixentes”.

MANIFESTACIÓN DE SOS SANIDADE PÚBLICA

Feijoo permite salir a los niños y mayores sin ningún tipo de medida ni ha  entregado una sola mascarilla y pide a Pedro Sánchez la desescalada de la  población - Xornal Galicia

Por último, o responsable socialista avanzou o respaldo á manifestación convocada este domingo por SOS Sanidade Pública en Santiago de Compostela que amosa o “claro compromiso” coa sanidade pública do PSdeG. “É a hora de frear a deriva do PP, protexer a sanidade pública galega e dicir ‘basta xa’ á política continúa de recortes da sanidade pública”, sentenciou, xa que “coa sanidade pública galega non se pode xogar”.