Novos vertidos contaminantes en San Fix que poden chegar aos canais de beber e a Xunta de Feixoo mirando para outro lado

Información
Localidades de Galicia | 08 Noviembre 2021 | 738 votos | Correo electrónico | Imprimir
social youtube xornalgalicia   feed-image

ecf227ab 13fd 6e4f 556d 80f593d450da

Luns, 8 de novembro. Galicia en Común denunciou este luns o novo proxecto de vertidos de augas residuais industriais da Mina de San Finx, que pretende verter as augas contaminadas dos niveis inundados

O grupo Sacyr presentou un novo proxecto de vertido de augas industriais en Lousame para conseguir a autorización da Xunta de Galicia e comezar a explotación na mina de San Finx. Augas de Galicia, que tramita o proxecto da filial Tungsten San Finx SL, someteuno a exposición pública para verter 613.836 metros cúbicos de augas residuais ao ano na fase de explotación, a menos de 7 quilómetros da Ría de Muros de Noia. 

Neste proceso, que está previsto que dure 493 días, verteranse 65.000 litros á hora de augas residuais industriais de achique por bombeo, 10.000 litros de residuais industriais de achique conducidas por gravidade e un caudal de 150 millóns de litros ao año de residuais industriais de escorrentía procedentes da zona industrial.

Antón Gómez Reino denunciou que este proxecto pretende realizarse nunha explotación que carece de avaliación de impacto ambiental, sendo esta “preceptiva”. “As consecuencias destes vertidos para os bancos marisqueiros e actividades pesqueiras poden ser devastadoras. Isto é posible grazas á permisividade da Xunta de Galicia coas empresas mineiras que operan sen ningún tipo de control e contaminan todo o noso territorio”

 “Xa é unha catástrofe a paisaxe actual, as miles de toneladas de lodos con metais procedentes da mina de San Finx están chegando á Ría de Noia. O Goberno de Feijóo está levando ao límite a capacidade do noso patrimonio natural, os nosos territorios non poden aguantar máis maltrato medioambiental”. 

O deputado sinalou tamén que as graves “falsedades, falta de rigor e incapacidade técnica” do peticionario, como evidencia tamén o informe solicitado por Augas de Galicia á Universidade da Coruña. “Se finalmente se autoriza este vertido, as administracións e Augas de Galicia serán os responsables polos danos que poidan ocasionar aos bancos marisqueiros da Ría de Noia”, engadiu Gómez Reino.