O PP non comparece nos xulgados de Viana do Bolo tras a denuncia do BNG

Información
Localidades de Galicia | 06 Octubre 2021 | 579 Votos | Correo electrónico | Imprimir

Secundino Fdez Maria Albert e concelleiros bng vianaSecundino Fernández, acompañado de María Albert, comparecen no acto conciliatorio interposto contra o  PP, para por freo á política de ameazas e “matóns” do goberno vianés

 

Ourense, 6 de outubro de 2021. Na maña de hoxe, Secundino Fernández, voceiro municipal do BNG de Viana do Bolo, acompañado por María Albert, Deputada do BNG por Ourense, e concelleiros do BNG de Viana,  acudiron ao xulgado de Paz de Viana a un acto de conciliación co Partido Popular de Viana  e Andrés Montesinos  tras a denuncia interposta polo BNG ante a escalada de calumnias e amezas vertidas por estes nos últimos meses.

Nin Andrés Montesinos,  nin o Partido Popular ou un representantes dos mesmos,  compareceron no xulgado de Paz de Viana onde se deberían ter presentado  tras a denuncia interposta polo BNG no mes de setembro.  “No Partido Popular teñen un dedo moi lixeiro para atacarnos pero moita covardía para acudir ao xulgado, dar a cara e desculparse” manifestou Secundino Fernández.

Secundino Fernández, voceiro municipal do BNG de Viana do Bolo, clarificou que   “presentamos este acto conciliatorio ante as graves acusacións, ataques e ameazas  que están fora de calquera réplica política e que buscan amedrentar e amordazarnos. As concelleiras e concelleiros do BNG seguimos, a pesares das ameazas e calumnias e insultos recibidos por parte do PP e dos traidores e tránsfugas que nos buscan silenciar. O BNG vai seguir sendo a voz das veciñas e veciños de Viana e seguimos traballando por Viana”

As calumnias e difamacións do PP xa eran unha constante desde antes da ilexítima moción de censura de Viana, porén foi no mes de xuño cando degradación política do Partido Popular chegou a puntos inaceptables, cando desde as redes sociais oficiais do partido acusaron a Secundino Fernández de feitos tan graves como o uso da violencia ou enaltecemento do terrorismo,  agravándose aínda máis a situación con reiteradas coaccións e ameazas ao BNG, máis propias duns de “matóns” que dun goberno municipal.

Para o BNG é inadmisíbel que nin Baltar nin a dirección galega do PP desautorizasen esta forma de actuar. Así mesmo a organización nacionalista,  reitera o apoio e agradecemento ao BNG de Viana polo seu esforzo e compromiso coa Veciñanza.

social youtube xornalgalicia   feed-image