BNG DEMANDA A DIMISIÓN DO ALCALDE DE CASTRELO DE MIÑO POLA INCAPACIDADE MANIFESTA DE MANTER O MÁIS MÍNIMO CONTROL DO CONCELLO

Información
Localidades de Galicia | 11 Agosto 2021 | 1155 votos | Correo electrónico | Imprimir

Bernardo Varela Voceiro do Grupo Provincial do BNGBernardo Varela ve unha total falta de responsabilidade  e capacidade institucional na alcaldía  do concello de Castrelo de Miño á luz das imaxes festivas en dependencias municipais polo que o alcalde debe asumir a única saída digna e presentar a súa dimisión.

 

Ourense 11 de agosto de 2021.  A foto  difundida a través das redes socias na que se aprecia a un dos fillos dos tránsfugas da corporación, Jaime Fontanes Villamarín,  no despacho da Tenencia de Alcaldía, pon de manifesto “a falta de seriedade e rigor na xestión da administración local que padece a veciñanza de Castrelo de Miño, desde que accedeu ao cargo Avelino Pazos,  polo que a única saída digna que lle queda é a dimisión, declarou o voceiro do grupo provincial do BNG, Bernardo Varela.

A imaxe en cuestión mostra ao menor que está fumando, cos pes na mesa, empregando equipos informáticos de traballo do persoal autorizado do concello para fins lúdicos,  e con diversa documentación exposta enriba da mesa.

Esta imaxe evidencia a presencia indebida de polo menos dúas persoas nas dependencias do concello e nas oficinas do goberno municipal, con acceso a documentación municipal,  equipos informáticos restrinxidos a persoal autorizado, e realizando actividades non permitidas.  Cando máis cando ningún dos tránsfugas forma xa parte do equipo de goberno municipal tras a sentencia xudicial que os inhabilitou para  exercer responsabilidades de goberno.

social youtube xornalgalicia   feed-image