AGDSP rechaza a Medalla de Ouro de Galicia otorgada ao persoal sanitario

Información
Localidades de Galicia | 23 Julio 2021 | 1727 votos - Registrese para votar | Correo electrónico | Imprimir
social youtube xornalgalicia   feed-image

A Asociación Galega para a Defensa da  Sanidade Pública de Galicia RECHAZA A MEDALLA DE OURO DE GALICIA 2021,  outorgada polo  Goberno Galego aos profesionais que  están axudando a saír do túnel da COVID a través da vacinación.

 

A nosa Asociación considera unha burla e unha  manobra de marketing político a concesión desta medalla coa que pretende recoñecer o traballo do  persoal da sanidade pública durante a  pandemia, mentres o SERGAS perpetua unhas condicións laborais de gran precariedade e inestabilidade e mantén os recortes salariais introducidos a partir do ano 2010.   

Hai que recordar que unha das primeiras medidas   que adoptou Feijoo á súa chegada ao goberno, en 2010, foi a de conxelar os salarios ao persoal  da Sanidade Pública Galega durante os exercicios do 2010, 2011 e 2012. Esta decisión adiantou os recortes contemplados na Lei de Medidas de Estabilidade Orzamentaria que rebaixou  as condicións laborais e retributivas de todo o persoal dependente das administracións públicas.

O persoal sanitario galego exixiu que a Xunta aplicara no sistema sanitario público os Acordos de Mellora Salarial e o dereito a Carreira Profesional do persoal laboral e funcionario da Xunta de Galiza, que sigue sen negociar un acordo (na Mesa Sectorial do persoal) para devolver os recortes salariais e os 5 dias de Libre Disposición, acumulados nese período

Nosa Asociación exiximos que o SERGAS  devolva os salarios que o persoal tiña que ter percibido para equiparar as súas condicións resto do persoal da administración pública galega  á media dos demais servizos de saúde do Estado.

Menos medallas honoríficas e máis medidas para devolver o dereitos  recortados

Asociación Galega para a Defensa da Sanidade Pública