As traballadoras do Consorcio IeB fanse notar no Congreso do PP

Información
Localidades de Galicia | 17 Julio 2021 | 2051 votos Regístrese para votar | Correo electrónico | Imprimir
social youtube xornalgalicia   feed-image
  • El 15-M vuelve a las protestas en forma de cacerolada y asamblea generalImpresionante cazolada nos arredores do Multiusos do Sar 
  • Feijóo escapa pola porta de atrás
  • O goberno do PSOE cercena a liberdade de manifestación diante do PP

A estratexia posta en marcha desde a Sección sindical da CNT no Consorcio galego de servizos de Igualdade e Benestar de incrementar as protestas na rúa para dar visibilización á súa problemática laboral tivo no día de hoxe unha nova cita co gallo da celebración do congreso do PP de Galicia en Compostela. 

 

Así ás 12h un cento de traballadoras temporais do Consorcio IeB e de outros organismos da Xunta concentrábanse no exterior do multiusos de Sar coincidindo co nomeamento da candidatura de Feijóo no interior do recinto.

A ruidosa protesta en forma de cazolada prolongouse por volta de 3 horas con berros de "Feijóo escoita, tes o Consorcio en loita", "Non ao ERE de mulleres" ou "A nosa consellería que a leve quen a queira"... A protesta recibiu na entrada e á saída a diferentes altos cargos do PP, con excepción do presidente e outras personalidades que escaparon pola porta de atrás.

Como anécdota da concentración, a revogación de víspera por parte da delegación do goberno do PSOE do permiso para cortar o tránsito nas inmediacións do multiusos alegando que se debía "garantir o acceso ás instalacións deportivas e o paso do transporte público". Desde CNT denúnciase este intento de "cercenar a protesta" o que é valorado polo sindicato como "un guiño político" entre os dous partidos que teñen a responsabilidade de solucionar o problema da temporalidade abusiva no sector público.

O calendario de mobilizacións do persoal temporal do Consorcio IeB continúa aberto e iránse sumando novas protestas para tratar de atopar  solución á situación de temporalidade estrutural do persoal do Consorcio Galego de Servizos de Igualdade e Benestar e dotar de estabilidade no emprego ao seu plantel actual.

A CNT ten como obxectivo regularizar a situación de todas as traballadoras temporais en fraude de lei e abuso de temporalidade independentemente da forma de acceso ao seu posto (oposición, listas, subrogación,…), no caso particular das traballadoras do Consorcio IeB, toda vez que a Xunta de Galiza ven de incluír a practica totalidade das súas prazas na oferta de emprego público (OPE) publicada a finais de 2020. 


TAMBIÉN LE PUEDE INTERESARlineaazul 1600