O SLG denuncia unha nova obriga burocrática que lastrará máis as persoas que perciben o Ingreso Mínimo Vital

Información
Localidades de Galicia | 07 Mayo 2021 | 1766 votos Regístrese para votar | Correo electrónico | Imprimir
social youtube xornalgalicia   feed-image

O Sindicato Labrego Galego quere denunciar unha nova agresión do Goberno do Estado contra os colectivos máis vulnerábeis, neste caso, contra as persoas que cobran o Ingreso Mínimo Vital (IMV), a quen lles están obrigando a presentar a Declaración da Renda, tanto aos homes e mulleres que perciben este subsidio como a todas as persoas que conviven1 con eles e elas, incluídas as menores de idade.

 

Desta maneira, estáselles impoñendo unha nova obriga burocrática a un segmento de poboación dos máis vulnerábeis e que persoas en situación semellante -por exemplo, quen cobran un subsidio de desemprego ou a renda de inclusión social de Galiza (Risga)-, non teñen.

Para o SLG, esta obriga supón un claro agravio comparativo, ademais dun maltrato a unha parte da poboación que xa ten problemas abondo como para ter que encerellarse nesta nova lea burocrática, amén de ter que gastar -na maioría dos casos- cartos nos servizos dunha asesoría que lles cumprirían para outros usos máis perentorios. Ademais, esta obriga dá de cheo no colectivo das mulleres con menos recursos (maioría á hora de cobrar o IMV)2, que verán aberta aínda máis a fenda de desigualdade que as afasta do resto da sociedade.

Cómpre saber que unha persoa que ten dereito ao IMV se atopa, decotío, nunha situación límite económica e socialmente, sen domicilio fixo, convivindo varias unidades familiares moitas veces en infravivendas, con problemas de saúde derivados desta situación. Porén, en troques de ampliar a cobertura social deste colectivo vulnerábel, o Goberno castígao cunha nova obriga burocrática absolutamente innecesaria, pois a propia administración ten acceso á maioría dos datos requiridos.

Ademais, as persoas con dereito ao IMV que convivan con maiores con discapacidade sufrirán perdas que poden supoñer importes de 1.200 ou 2.400 euros anuais (sería no caso de ascendentes con discapacidade con rendas superiores a 1.800 € e menores 8.000 €, ou de descendentes con discapacidade maiores de 18 anos e con ingresos superiores a 1.800 €. Nestes casos, tanto polos ascendentes como polos descendentes, perderían 1.200 € por cada un).

Outras consecuencias posibles desta imposición será que haberá persoas que se vexan na obriga de tributar cando non estaban obrigadas a presentar a Declaración da Renda. Tamén se pode dar o caso, cotián, de que a persoa que cobra o IMV conviva forzosamente no mesmo domicilio con outras persoas en risco de exclusión social para compartir gastos como o alugueiro, e que ademais cumpran os requisitos para considerarse unidade de convivencia, de maneira que se estaría castigando tamén a esas persoas polo único feito de ser conviventes.


TAMBIÉN LE PUEDE INTERESARlineaazul 1600