O BNG de Parderne de Allariz exixe actuacións urxentes ante a precaridade dixital do concello

Información
Localidades de Galicia | 06 Marzo 2021 | 1917 votos - Registrese para votar | Correo electrónico | Imprimir
social youtube xornalgalicia   feed-image

Pablo Sobrino: “obrígannos a repetir unha e outra vez a mesma petición,  a que non recibimos ningunha resposta clara. Ante a impotencia de ver como as nosas veciñas e veciños teñen que abandonar o concello para poder estudar ou traballar.”Pablo Sobrino: “obrígannos a repetir unha e outra vez a mesma petición,  a que non recibimos ningunha resposta clara. Ante a impotencia de ver como as nosas veciñas e veciños teñen que abandonar o concello para poder estudar ou traballar.”


Paderne de Allariz, 6 de marzo de 2021.  O voceiro municipal do BNG de Paderne de Allariz, Pablo Sobrino, exixelle á alcaldía do concello que se tomen medidas realistas para solventar a precariedade dixital producida tanto pola falta de fibra óptica como de cobertura móbil. “Parécenos inadmisible que a día de hoxe a situación siga exactamente igual que hai máis dun ano” declara Sobrino.  
Actualmente o concello só conta con fibra en dous núcleos e medio e nen sequera a Casa do Concello, a Farmacia ou o Centro de Saúde contan con este servizo fundamental para o correcto desenvolvemento da vida diaria e profesional. 
 O grupo municipal do BNG de Paderne de Allariz presentou iniciativas no concello no 2019 a este respecto, cando as promesas electorais do PP comezaban a non materializarse nos prazos sinalados. “Xa era moi necesaria a implantación deste servizo daquelas, agora xa é algo primordial”, indica o voceiro do BNG, “xa que con motivo da situación de pandemia, son moitas as veciñas e veciños que deben ou poderían teletraballar, os rapaces e as rapazas que deben estudar e os autónomos e as autónomas que deben manter ao día a súa empresa”
O voceiro nacionalista puxo en evidencia a falsidade da incapacidade de decisión ou de acción manifestada pola alcaldía para xustificar pasividade do goberno municipal. Sobrino lembroulle á alcaldía de Paderne os gobernos e grupos da oposición do Partido Popula, doutros concellos,  que están tomando medidas para abordar esta problemática.  Para Sobrino “todos eles exemplos que ilustran claramente situacións nas que o Partido Popular semella si ter capacidade de acción para facer chegar este servizo á veciñanza, que nega este alcalde.” 
Xunto as actuacións que reclama o grupo do BNG, tamén se demandan unha serie de explicacións de importancia veciñal, sobre as xestións realizadas para solventar a precariedade dixital  do concello; as previsións de cobertura, sobre todo no que atinxe ao novo centro de saúde  e a escola infantil “Galiña Azul”, antes da súa apertura. Sen esquecer a demanda das pertinentes explicacións  para coñecer en base a qué o Partido Popular prometeu, en campaña electoral e manifestou en sesión plenaria deste concello, que a banda ancha ía estar despregada na totalidade do concello antes do 31 de decembro de 2019.