Desconfiamos do Feijóo que recortou os servizos públicos durante 11 anos, que abandona á hostalería nesta crise e que oculta os proxectos que quere impulsar con fondos europeos

Información
Localidades de Galicia | 22 Noviembre 2020 | 2082 votos Regístrese para votar | Correo electrónico | Imprimir
social youtube xornalgalicia   feed-image

O secretario xeral do PSdeG, Gonzalo Caballero, presidiu hoxe a xuntanza da Comisión Interparlamentaria do PSdeG na que se analizou o anteproxecto de orzamentos da Xunta. O secretario xeral do PSdeG, Gonzalo Caballero, presidiu hoxe a xuntanza da Comisión Interparlamentaria do PSdeG na que se analizou o anteproxecto de orzamentos da Xunta. 


Nese foro, o líder socialista remarcou que Feijóo “chega tarde e mal a rectificar a súa política de austericidio”, toda vez que “o seu proxecto estrela”, un plan para a hostalería dotado con 17 millóns de euros, está moi por debaixo do que invisten outras comunidades cun nivel de poboación menor.
De feito, Gonzalo Caballero sostivo que “Galicia está á cola de todas as comunidades” en axudas directas nesta pandemia, xa que “non hai nin un só pequeno comerciante ou hostaleiro que recibira un só euro da Xunta” dende o pasado mes de marzo, a pesares da súa situación “crítica”.
“Pedímoslle a Feijóo que traballe para defender á xente fronte aos riscos desta crise”, incidiu o dirixente socialista, consciente de que un proxecto de axudas para a hostalería galega con só 17 millóns de euros amosa que “Feijóo vive illado en Monte Pío e sen ter en conta as necesidades dun país que o está a pasar tan mal“.
Así pois, Gonzalo Caballero sinalou que “se esa é a orientación de Feijóo para enfrontar esta pandemia, temos que desconfiar”. “Desconfiamos do Feijóo que recortou os servizos públicos durante 11 anos, do Feijóo que abandona á hostalería nesta crise e do Feijóo que oculta os proxectos que quere impulsar con fondos europeos para relanzar Galicia”, manifestou.
LOITA CONTRA A DESIGUALDADE
Pendente da entrada dos orzamentos da Xunta no Parlamento, no que fixo fincapé o secretario xeral do PSdeG é en que “as políticas de Feijóo fronte á crise foron un fracaso” ata o de agora, polo que cómpre apostar por “políticas expansivas e con compromiso social”.
“Ten que poñer todas as capacidades da Xunta para salvar aos galegos e ás galegas”, recalcou Gonzalo Caballero, á vista da “falla de rumbo” que está amosando Feijóo. “Hai que poñer as prioridades na defensa das persoas, na loita contra a desigualdade e no impulso da economía”, reivindicou.
Ao fío disto, Gonzalo Caballero asegurou que o PSdeG seguirá traballando nesa liña, apostando por “políticas anticíclicas que reactiven a economía” e por “políticas sociais que protexan ás persoas e freen o aumento da desigualdade”.


TAMBIÉN LE PUEDE INTERESARlineaazul 1600