ESQUERDA UNIDA MANIFESTA QUE SEN DELIMITACIÓN DE ESPAZOS E USOS PORTUARIOS OS RECHEOS NO PORTO DE VIGO SON ILEGAIS E URXIRÁ AO MINISTERIO A ACLARAR O SEU INFORME POSITIVO

Información
Localidades de Galicia | 11 Noviembre 2020 | 2078 Votos | Correo electrónico | Imprimir

Esquerda Unida considera que o Porto de Vigo ten anulada a Delimitación de Espazos e Usos Portuarios (DEUP), e o Plan Especial, recentemente aprobado, non é suficiente para permitir un recheo como o proxectado e xa en fase de execución no Berbés fronte ao Auditorio Mar de Vigo.

 

Esquerda Unida solicita ao Ministerio de Transición Ecolóxica que aclare a emisión dun informe favorable a un recheo de máis de 8.500 metros cadrados cando a autoridade Portuaria non ten DEUP e esta actuación se sitúa nunha franxa urbana dos terreos portuarios.

Esquerda Unida, que xa elevou esta cuestión en numerosas ocasións ao Congreso dos Deputados, considera ademais que non é certo que, -tal e como argumentara o anterior goberno do PP- a delimitación non sexa un instrumento urbanístico xa que condiciona o Plan Especial do Porto, o cal ten que incluírse no PXOM vigués. Este argumento, que serviu ao goberno anterior, por exemplo para non someter os recheos á Avaliación Ambiental Estratéxica, sirve agora para darlle para adiante a un recheo que, aos ollos de Esquerda Unida, sigue a ser ilegal.

Esquerda Unida denuncia ademais que na proposta na que traballa a Autoridade Portuaria de DEUP se considera que todas as augas da Ría son da súa xurisdición, incluída as augas dun Parque Nacional como o das Illas Atlánticas (Cíes) e mesmo espazos que están incluídos na rede natura, o que supón unha violación da lexislación ambiental actual e cuxa xurisdición depende do Ministerio para a Transición Ecolóxica e o Reto Demográfico.

social youtube xornalgalicia   feed-image