Información
Localidades de Galicia

Inés Rey, anunciou que trasladará á Fiscalía de Madrid todas as accións xudiciais emprendidas polo Concello no caso Fuenlabrada

Información
10 Septiembre 2020 1877 votos
Inicio desactivadoInicio desactivadoInicio desactivadoInicio desactivadoInicio desactivado
 

"Iremos até o final para que se depuren todas as responsabilidades", sinalou a rexedora para quen "ninguén está por riba dos protocolos sanitarios poñendo en risco a toda unha cidade". A unidade mostrada pola Corporación, dixo Rey, serve como exemplo de que a pesar das diferenzas políticas "a Corporación está ao lado do Deportivo, da xustiza, e da dignidade de toda unha cidade".

 

A rexedora fixo estas declaracións durante a lectura dunha declaración institucional pactada por todos os grupos políticos en que a Corporación manifestou a súa unidade na defensa dos intereses do Deportivo e expresou o seu recoñecemento cara ao Deportivo e o seu apoio a todas as accións e medidas que adopte o consello de administración e a súa solidaridade co capitán deportivista Álex Bergantiños. Tamén expresou o seu rexeitamento á actitude hostil mostrada pola Liga de Fútbol Profesional co RCD e apoiará todas as accións legais que impulse o Deportivo por todo o acontecido. Ademais, esixirá á LFP a reparación dos danos que na imaxe da cidade causou a viaxe do F.C. Fuenlabrada; unha viaxe que tivo graves consecuencias económicas polo impacto no turismo.

A Corporación pediu a dimisión da presidenta do Consello Superior de Deportes, Irene Lozano a quen considera cómplice dos incumprimentos da LPF e da SD Fuenlabrada, e a reprobación e inhabilitación de Javier Tebas como presidente da LFP polos seus comentarios despectivos sobre o RCD. Tamén esixe ao delegado do Goberno, Javier Losada, que rectifique a súa declaración en que apoiaba a actuación do Consello Superior de Deportes. E, por último, o Pleno reafirmou o seu compromiso coa saúde pública e agradeceulle publicamente á cidadanía o seu comportamento nesta crise.

Pola súa banda, o voceiro do Goberno local, José Manuel Lage, manifestou a súa satisfacción porque unha vez máis "o Pleno amosou unidade ao facer fronte a unha situación que afecta a toda a cidade" e sinalou que "a veciñanza non entendería que ningún grupo quixese quedarse fóra da declaración". Para Lage,  ninguén dubida de que se hai alguén que defenda a cidade por encima de intereses partidarios é Inés Rey. "Na defensa do Deportivo deberíamos estar todas e todo", apuntou.

Na parte resolutiva, o Pleno aprobou co voto a favor de todos os grupos políticos a nova ordenanza reguladora de concesión de axudas á conservación e rehabilitación de edificios e vivendas tras resolver as alegacións presentadas ao documento inicial. Tal e como explicou o concelleiro de Urbanismo, Juan Díaz  Villoslada, o obxectivo da nova ordenanza é simplificar os procesos para poder obter as axudas, o control económico das obras e unha cuantificación máis polo miúdo dos seus obxectivos. "Co novo regulamento as peticións de subvencións integraranse coa solicitude de licenzas" explicou.

Ademais, suprímese o requisito de inspección previa para solicitudes que se acompañen de proxecto o memoria asinada polo técnico/a competente en que se xustifique a súa necesidade de actuación. E o novo texto actualiza, entre outras cousas, o tipo de actuacións que poden ser subvencionadas para ordenalo segundo obxectivos específicos prioritarios para o interese xeral (sustentabilidade enerxética, inclusión social, conservación de patrimonio cultural, obriga de conservación das edificacións).

O Goberno local, explicou o edil, intentará lanzar unha convocatoria plurianual de axudas o próximo ano para incentivar as políticas de rehabilitación "sempre que se poidan executar todos os expedientes pendentes de pasados mandatos". A Concellería atopouse cun total de 626 expedientes sen tramitar das convocatorias dos anos 2015, 2016, 2017 e 2018".

Na parte non resolutiva, o Goberno local lembroulles aos grupos que o Concello puxo á disposición da Xunta espazos municipais para desdobrar aulas nos colexios da cidade e que se fixeron peonís as contornas dalgúns colexios para garantir a distancia social. A raíz das mocións presentadas polo BNG e Marea Atlántica reclamándolle á Xunta maiores inversións na cidade co fin de garantir a saúde das e dos escolares, o edil de Educación, Jesús Celemín, asegurou que o Concello está a facer fronte as medidas que son competencia do Executivo galego, e cualificou de "improvisados" os protocolos da Xunta para un inicio do curso escolar con todas as garantías.

Doutra banda, a Corporación, agás o PP, que se abstivo,apoiou a moción do BNG para conservar e restaurar o pesqueiro Orzán e crear un barco museo para a súa exhibición nun peirao da cidade accesíbel á cidadanía. O edil de Urbanismo sinalou que o buque é historia viva da cidade e anunciou que o Goberno local estudará a viabilidade económica da iniciativa e analizará o emprazamento do buque para o seu mellor destino.

"Pedimos autonomía municipal para usar os seus remanentes", explicou o voceiro socialista no debate dunha moción do BNG sobre a utilización dos fondos municipais por parte das administracións, que saíu adiante cos votos de todas as forzas agás o PP. O voceiro lembroulles ao resto dos grupos a tradición municipalista do PSOE  e sinalou que todas as leis municipalistas do país levan o selo do socialismo.

O Goberno local pediralle ao Executivo central que mellore o Real Decreto -Lei 27/2020 do 4 de agosto co obxectivo de reforzar a capacidade financeira das entidades locais para atender as competencias propias. Ademais, solicítalle á  Xunta fondos para que os concellos poidan afrontar a crise sanitaria, social e económica derivada da COVID 19, e que lle esixa ao Goberno a derrogación da Lei Montoro.

O concelleiro de Turismo, Juan Ignacio Borrego, destacou durante o debate dunha moción do PP sobre Alvedro que o aeroporto "é unhja prioridade do Goberno local que está a redactar un plan director para mellorar as rutas e poñer Alvedro desde o minuto un no primeiro posto". A moción do PP, que recollía a necesidade de manter a conexión con Londres, recuperar a base de Vueling e resolver a negociación coa compañía Volotea, así como asegurar o mantemento das frecuencias a Madrid foi aprobada por unanimidade. O edil aclarou que Vueling non ten un slot en Heathrow." O único que ía a Heathrow era o voo da Coruña, por ser parte estratéxica no contrato que había con Vueling", dixo.

E, por último, a moción da Marea Atlántica sobre a Monarquía non saíu adiante ao non contar cos votos de PP e PSOE. Para o voceiro do Goberno local, o Pleno non é o lugar idóneo para debater cuestións do ámbito lexislativo e cre necesario diferenciar entre o plano persoal e institucional no caso das denuncias contra o Rey Emérito

El Presidente de Pladesemapesga solicita la adhesión de los ciudadanos que quieran compartir el escrito de denuncia contra la gestión de la pandemia del Coronavirus por la Xunta de Galicia.  ver más...+ Documentos descagables; 

Descargar este archivo (adhesionaladenuncia-coronavirus-gestionpublica-xunadegalicia.pdf)presentacion adhesiones denuncia-coronavirus.pdf  Descargar este archivo (denuncia-contra-Feijoo-TSXG.pdf)denuncia-contra-Feijoo-TSXG.pdf  Descargar este archivo (escrito de adhesiones a la denuncia..pdf)escrito de adhesiones a la denuncia..pdf  Descargar este archivo (anexo-5-denuncia-feijoo-coronavirus-anexo5.pdf) anexo-5-denuncia-feijoo-coronavirus-anexo5.pdf    DENUNCIA Nº 2 MASCARAS y 3 DONATIVOS Descargar este archivo (denuncia la Fiscalía Anticorrupción y el Crimen Organizado Gestores Coronavirus Xunta de Galicia.pdf)denuncia la Fiscalía Anticorrupción y el Crimen Organizado Gestores Coronavirus Xunta de Galicia.pdf -  último decreto judicial...+  Funcionario Público Millán Calenti "ofendidito "..+

COMUNICADO XORNAL GALICIA; Mar Sánchez Sierra esta utilizando el " modus operandi en Gestión Reputacional..+ " de la Operación Púnica a través  de contratos publicitarios del coronavirus usando intermediarios. ver comunicado completo..haciendo clic aquí.+

Puedes seguir este artículo en; @cayetanaAT @FeijooGalicia @_MartaGonzalez_ #secretariademedios @pp @ppdeg #ppdegalicia @xunta #xunta #retegal #amtega #eleccionesxunta @IdiazAyuso @idiazayuso2019 #retegal #amtega #bng #psdeg #enmarea #ciudadanos #feijoogalicia #galiciafeijoo @TurismoGalicia @Turgalicia @TurismoGalicia1) @turismoriasbaixas @PresumeDGalicia

@ppdegalicia #turismogalicia #costadamorte #xunta #xuntadegalicia #pp #ppdeg #ppdegalicia #riasbaixas #riasaltas #costadamorte #islascies #ascatedrais #ribeirasacra #ribeirasacra #vigo #lavozdegalicia #lacozdegalicia #mermeleros #cloacasperiodismo #TEM_RistoMejide #RistoMejide #TEM #FeijóoConVox #GaliciaSuma #EspañaSuma #EvoMorales #Bolibia #galiciafeijoo #feijoogalicia #turismogalicia #FeijóoConVox.

@AIDADEHAYDEE33 #LeyDeMemoriaHistorica #MemoriaHistórica #MemoriaVerdadJusticia #VerdadJusticiaReparacion #EspañaVaciada
@clorenper @garxetdelilla @Cristin38362377 @JoseGarciazx @Luis_iure @lachochona1 @Adho12598420 @asdena95 @etsh_uah @UAHes #DerechosHumanos #TrataSeresHumanos @rafamarcvxii @TSXGalicia @Ruth_9372 @GuisanteHuertas @MONICA78321384 @FarreroAna @AVTDC3 @newstwtt @magnoliafergon @BigDataJurist #ComparteTuCaso @CasosReales_net #PremiosEconomistJurist #GLOBALEconomistJurist @informativoj @AgM0811 @JFerandezG @generoenaccion

#Fiscalia @fiscal_es #FiscalíaSuperior @juecesAPM @AFiscales @RFAI_AIAMP @IgnaciodeLucas3 @TSXGalicia @MinSeg #FiscalGeneral #FiscalSuperiorCyL @cejmjusticia #FiscalíaGalicia #FiscalGalicia #FiscaliaSantiago