Decepción e continuísmo. O novo conselleiro de Educación non modifica ningún aspecto relevante do Protocolo para o curso 2020/21

Información
10 Septiembre 2020 1340 votos - Registrate para votar

Na súa intervención inicial no Consello Escolar de Galiza non fixo ningunha referencia ás principais demandas da CIG-Ensino de cumprir a distancia mínima de 1,5 metros en infantil, primaria e educación especial nin sobre a non incorporación do persoal de risco.

 

Decepción e continuísmo. O novo conselleiro de Educación non modifica ningún aspecto relevante do Protocolo para o curso 2020/21

Mais ao contrario, o conselleiro avanzou varias medidas que van na liña de evitar a contratación de máis profesorado en secundaria, bacharelato e FP ao anunciar que cando non se poida cumprir a distancia mínima nin realizar desdobres por falta de espazo se autorizará a colocación de mamparas ou a ensinanza semipresencial.

 

A reunión do Consello Escolar de Galiza desta tarde serviu para evidenciar que o conselleiro de Educación Román Rodríguez volve ao cargo con boas palabras pero coa intención de continuar o camiño trazado desde o inicio da pandemia polo equipo da Consellaría. Ningunha novidade significativa que redunde nunha maior seguridade nos centros educativos. Ningunha referencia á demanda de cumprir a distancia física de 1,5 metros nas etapas máis vulnerábeis, infantil, primaria e educación especial, nin nas ensinanzas de réxime especial e tampouco ningunha novidade ao respecto de que o persoal docente e non docente de risco non teña obriga de incorporarse presencialmente aos centros educativos.

Porén, o conselleiro si que falou de distintas solucións para secundaria, bacharelato e FP cando non se poida cumprir a distancia mínima e que van na liña de evitar a contratación de máis profesorado, incumprindo así o Acordo co Ministerio. En concreto, citou expresamente que naqueles centros nos que non haxa espazos para desdobres se poderá reducir a distancia mínima a un metro colocando mamparas ou ben autorizando a semipresencialidade, aínda que neste último punto non concretou como se realizará. Desde a CIG-Ensino xa avanzamos que nos oporemos a que esta modalidade supoña un incremento da carga de traballo do profesorado e que esixiremos unha negociación para abordar cales van ser as condicións de traballo docente nesta nova circunstancia.

Para o sindicato é absolutamente censurábel que desde o 22 de xuño a Consellaría non movera un dedo para buscar, en colaboración cos concellos, novos espazos aos que trasladar as aulas e diminuír as ratios, como xa aconsellaban todas as autoridades sanitarias naquel momento. Agora polo tanto xa non podemos falar de que o departamento de Educación actúe con improvisación senón con total premeditación e mantendo a política do custe cero.

Así pois, lamentamos que as chamadas ao consenso, á responsabilidade compartida ou a traballar xuntos do conselleiro se quedaran en meras palabras e non se producira ningunha rectificación do protocolo publicado e que segue xerando un profundo rexeitamento e moitas dúbidas por parte do colectivo docente.

A folga pola saúde e a docencia presencial con seguridade, máis necesaria ca nunca

Tal e como lembrou o secretario nacional da CIG-Ensino na súa intervención estamos ante unha situación na que está en risco a saúde de todos os membros da comunidade educativa, das súas familias e achegados e por extensión de toda a sociedade. As reivindicacións de profesorado, ANPAS e alumnado pretenden reducir o risco de contaxio nos centros educativos despois de que a medida máis importante para conseguilo siga sen aplicarse de forma uniforme en todas as etapas educativas: distancia mínima de seguridade e grupos reducidos para que se reduza a carga viral no caso de haber un positivo. Isto xunto coa máscara, a hixiene e a desinfección e a ventilación frecuente das aulas poden contribuír a reducir o risco pero a Consellaría non adopta a medida máis importante porque implica contratación de profesorado e de persoal non docente e segue disposta a poñer en risco a saúde de todas antes que a investir no realmente importante nesta pandemia. Así pois, fagamos que a folga do día 10 e do día 16 sexa un berro colectivo contra o protocolo e as prioridades de quen nos goberna, aínda tendo en conta todos os atrancos, incluídos uns servizos “máximos” abusivos, que vén de decretar o novo conselleiro cuxos feitos xa vemos que non se corresponden coas súas palabras.

capmpanadepropinas

Publicidad Institucional  #FakeNews #Furtivos #Incendios #Cámaras #Turismo  #Xacobeo #SomosMoideMonte   #Lacachitos #Patagonia  #Asturias #Medios Impresos

#Jalisia ;  #riasaltas #costadamorte #islascies #ascatedrais #ribeirasacra #vigo #lavozdegalicia #mermeleros #ciudadanos #galiciafeijoo #cloacasperiodismo #turismogalicia #Turgalicia

La contratación pública  "vulnerada diarimante a través de intermediarios o Agencias de Comunciación para adjudicar contratos menores directamente a dedo, sin dar la cara la Secretaría de Medios que dirige la asesora del PPdeG Mar Sánchez Sierra".

Ir a la sección de Publicidad Institucional de la Xunta de Galicia..+

PRESENTADA DENUNCIA ANTE LA FISCALÍA EUROPEA Y ANTICORRUPCIÓN Y CRIMINALIDAD ORGANIZADA CONTRA FEIJÓO, MAR SÁNCHEZ SIERRA, RAFAEL ÁLVARO MILLAN CALENTI Y OTROS POR EL USO ILEGAL DE LAS LINEAS DE COSTE Y MASCARILLAS FALSIFICADAS CON FECHA 3 DE FEBRERO DE 2021, SEGUIREMOS INFORMANDO    Funcionario Público Millán Calenti "ofendidito "..+

Puedes seguir este artículo en; @cayetanaAT @FeijooGalicia @_MartaGonzalez_ #secretariademedios @pp @ppdeg #ppdegalicia @xunta #xunta #retegal #amtega #eleccionesxunta @IdiazAyuso @idiazayuso2019 #retegal #amtega #bng #psdeg #enmarea #ciudadanos #feijoogalicia #galiciafeijoo @TurismoGalicia @Turgalicia @TurismoGalicia1) @turismoriasbaixas @PresumeDGalicia

@ppdegalicia #turismogalicia #costadamorte #xunta #xuntadegalicia #pp #ppdeg #ppdegalicia #riasbaixas #riasaltas #costadamorte #islascies #ascatedrais #ribeirasacra #ribeirasacra #vigo #lavozdegalicia #lacozdegalicia #mermeleros #cloacasperiodismo #TEM_RistoMejide #RistoMejide #TEM #FeijóoConVox #GaliciaSuma #EspañaSuma #EvoMorales #Bolibia #galiciafeijoo #feijoogalicia #turismogalicia #FeijóoConVox.

@AIDADEHAYDEE33 #LeyDeMemoriaHistorica #MemoriaHistórica #MemoriaVerdadJusticia #VerdadJusticiaReparacion #EspañaVaciada
@clorenper @garxetdelilla @Cristin38362377 @JoseGarciazx @Luis_iure @lachochona1 @Adho12598420 @asdena95 @etsh_uah @UAHes #DerechosHumanos #TrataSeresHumanos @rafamarcvxii @TSXGalicia @Ruth_9372 @GuisanteHuertas @MONICA78321384 @FarreroAna @AVTDC3 @newstwtt @magnoliafergon @BigDataJurist #ComparteTuCaso @CasosReales_net #PremiosEconomistJurist #GLOBALEconomistJurist @informativoj @AgM0811 @JFerandezG @generoenaccion

#Fiscalia @fiscal_es #FiscalíaSuperior @juecesAPM @AFiscales @RFAI_AIAMP @IgnaciodeLucas3 @TSXGalicia @MinSeg #FiscalGeneral #FiscalSuperiorCyL @cejmjusticia #FiscalíaGalicia #FiscalGalicia #FiscaliaSantiago