A Plataforma SOS Sanidade Pública quere mostrar o seu apoio as concentracións convocadas por a Xunta de Persoal da Área Sanitaria de Vigo os días 22 e 23 de xuño, por una:
- Atención Primaria digna, con profesionais suficientes para atender, con tempo, as persoas enfermas.
- Atención Hospitalaria con capacidade para atender ao 100% da cidadanía sen insoportables listas de espera.
- Contratación digna que permita ofrecer una atención sanitaria de calidade.
Chamamos a todos colectivos e organizacións de SOS Sanidade Pública e a toda a cidadanía de Vigo e sua área sanitaria, a sumarse a ditas concentracións, que serán:
- Luns 22 de xuño, ás 12h na entrada principal do Hospital Álvaro Cunqueiro.
- Luns 22 de xuño, ás 20h na rúa Pizarro, fronte ao PAC de Vigo.
- Martes 23 de xuño, ás 12h na entrada principal do Hospital do Meixoeiro.
Recordamos a necesidade de acudir co mascareilla e respectando a distancia de seguridade