O Goberno do PPdeG na Xunta ten a cara máis dura que o cemento: na xustificación para adiar concursos e procesos selectivos

Información
Localidades de Galicia | 17 Junio 2020 | 1915 Votos | Correo electrónico | Imprimir

No DOG do martes 16 de xuño, e en relación ao concurso de gardacostas, o director xeral de Función Pública dinos que decidiron ampliar tres meses o prazo de resolución do concurso de traslados das escalas de gardacostas, porque “A complexidade e transcendencia dos asuntos para debater no seo da comisión requiren que esa/s reunión/s teñan lugar de xeito presencial, a concentración de todos os membros da comisión nun mesmo recinto non resulta aconsellable...”.

 

Que non se pode baremar ás 48 persoas admitidas porque a comisión non se pode reunir na etapa de “nova normalidade” habendo espazos dabondo onde facelo cunha distancia de 7 légoas entre eles é tomarnos por idiotas.

Ou sexa que en menos dun mes podemos ir votar e os membros das mesas teñen que estar todo o día alí xuntos, pero os membros dunha comisión de valoración non se poden reunir ata setembro.

É isto o que espera non só ao concurso de gardacostas senón tamén ao concurso xeral e aos procesos de libre e promoción interna que están na fase de valoración de méritos ou posterior?

Coa cara máis dura que o cemento, en consonancia, a xustificación tiña que ser igual de basta e pouco sofisticada.

https://i.gal/66Uqo

social youtube xornalgalicia   feed-image