Ana Pontón: "A mellor homenaxe ás vítimas da COVID19 é fortalecer a sanidade pública e garantir o dereito a unha vellez digna" todo o contrario do que fixo Feijóo

Información
14 Junio 2020 1615 votos - Registrate para votar

A portavoz nacional, Ana Pontón, asistiu ao acto institucional de recordo das 619 vítimas pola COVID19 para trasladar toda a solidariedade e todo afecto do BNG, moi en particular as súas familias, cunha mensaxe de alento e de lembranza: “a todas e cada unha desas 619 persoas que xa non están entre nós, pero si no noso corazón e quedarán para sempre na nosa memoria colectiva”, salientou, ao tempo que trasladaba palabras de alento e de afecto as súas familias.

 

“Quero mandar unha mensaxe de solidariedade, de respecto e de cariño a todas as familias que perderon un ser querido nestes meses, nos que á dor da perda tiveron que engadir unhas circunstancias durísimas, case sen posibilidade de despedirse, apenas sen poder compartir o duelo, sen o consolo que dan os abrazos ou as palabras de despedida. No meu nome e no do BNG, todo o cariño, todo o respecto e solidariedade”, declaraba a líder nacionalista á entrada do acto de honra.

Pontón salientou que a homenaxe ten que ir moito máis aló dun acto institucional, precisamente por respecto ás persoas falecidas pola pandemia e as súas familias, que esperan que se saquen leccións de futuro que, a xuízo da líder do BNG, pasan necesariamente por fortalecer a sanidade pública e os servizos sociais.

“Por respecto ás vítimas e as súas familias estamos hoxe aquí, pero estou convencida que esperan moito máis de nós, esperan que tomemos nota de cales foron os erros que se cometeron e que aprendamos cales deben ser as leccións desta crise de cara ao futuro. E dentro deses erros e desas leccións de futuro, o Bloque ten claro que hai que facer unha aposta por defender unha sanidade pública e uns servizos sociais fortes, que coiden especialmente ás persoas máis vulnerables e que garantan unha vellez digna ás persoas maiores deste país”.

Pontón destacou que entre as leccións que esperan tanto as familias como o conxunto da sociedade están “que se priorece unha sanidade pública libre de recortes e de privatizacións que nos permita salvar vidas nesta pandemia e nas que poidan vir; entre as leccións está priorizar uns servizos públicos de primeira que garantan o dereito a unha vellez digna e que prioricemos os medios para que os profesionais que nos coidan, -na sanidade, nas residencias-, non volvan ter que facelo a costa de poñer en risco as súas propias vidas”.

A candidata á Presidencia aproveitou o acto de lembranza para facer un recoñecemento ao conxunto da sociedade galega, cuxo comportamento cualificou de “exemplar” ao longo da crise. “Os galegos e as galegas volvemos demostrar que damos o mellor de nós ante as dificultades, que non esquivamos os problemas senón que os enfrontamos, que fomos capaces de poñer o colectivo por riba do individual e demos unha lección de dignidade cunha resposta á altura do reto da pandemia”.

A líder do BNG tivo palabras de ánimo para as persoas que seguen loitando contra o virus, ás que desexou unha pronta recuperación, ao tempo que lanzaba un chamamento a toda a cidadanía pedindo prudencia, “porque estamos saíndo da pandemia pero o virus sigue entre nós e temos que ter a máxima precaución para non botar por terra todo o que se conseguiu con tanto esforzo nestes tres meses tan duros, tan difíciles e cun alto custe en vidas”.

Nada pode tapar os recortes e as privatizacións

Pontón evitou entrar en controversias, -“hoxe estamos aquí para lembrar as vítimas”, recalcou-, consciente de que a sociedade galega é sabedora “do que leva pasado nos últimos anos” nos sistema público de saúde. Neste sentido, aproveitou para volver subliñar “o inmenso traballo dos e das profesionais da sanidade pública en Galiza que estiveron ao pé do canón e que a pesar das dificultades e dos recortes dos últimos anos deron o mellor de si para saír desta pandemia”.

“Hoxe imos poñer nun primeiro plano esa lembranza ás vítimas que nos deixaron por causa da COVID19 e haberá tempo para poder falar do que ten pasado na sanidade pública no noso país porque é evidente que os recortes e as privatizacións están aí e nada as pode tapar”, concluíu, antes de entrar ao acto de lembranza no que acudiu xunto co alcalde de Pontevedra, Miguel Anxo Fernández Lores e o deputado e candidato pola Coruña, Xosé Luís Rivas.

capmpanadepropinas

Publicidad Institucional  #FakeNews #Furtivos #Incendios #Cámaras #Turismo  #Xacobeo #SomosMoideMonte   #Lacachitos #Patagonia  #Asturias #Medios Impresos

#Jalisia ;  #riasaltas #costadamorte #islascies #ascatedrais #ribeirasacra #vigo #lavozdegalicia #mermeleros #ciudadanos #galiciafeijoo #cloacasperiodismo #turismogalicia #Turgalicia

La contratación pública  "vulnerada diarimante a través de intermediarios o Agencias de Comunciación para adjudicar contratos menores directamente a dedo, sin dar la cara la Secretaría de Medios que dirige la asesora del PPdeG Mar Sánchez Sierra".

Ir a la sección de Publicidad Institucional de la Xunta de Galicia..+

PRESENTADA DENUNCIA ANTE LA FISCALÍA EUROPEA Y ANTICORRUPCIÓN Y CRIMINALIDAD ORGANIZADA CONTRA FEIJÓO, MAR SÁNCHEZ SIERRA, RAFAEL ÁLVARO MILLAN CALENTI Y OTROS POR EL USO ILEGAL DE LAS LINEAS DE COSTE Y MASCARILLAS FALSIFICADAS CON FECHA 3 DE FEBRERO DE 2021, SEGUIREMOS INFORMANDO    Funcionario Público Millán Calenti "ofendidito "..+

Puedes seguir este artículo en; @cayetanaAT @FeijooGalicia @_MartaGonzalez_ #secretariademedios @pp @ppdeg #ppdegalicia @xunta #xunta #retegal #amtega #eleccionesxunta @IdiazAyuso @idiazayuso2019 #retegal #amtega #bng #psdeg #enmarea #ciudadanos #feijoogalicia #galiciafeijoo @TurismoGalicia @Turgalicia @TurismoGalicia1) @turismoriasbaixas @PresumeDGalicia

@ppdegalicia #turismogalicia #costadamorte #xunta #xuntadegalicia #pp #ppdeg #ppdegalicia #riasbaixas #riasaltas #costadamorte #islascies #ascatedrais #ribeirasacra #ribeirasacra #vigo #lavozdegalicia #lacozdegalicia #mermeleros #cloacasperiodismo #TEM_RistoMejide #RistoMejide #TEM #FeijóoConVox #GaliciaSuma #EspañaSuma #EvoMorales #Bolibia #galiciafeijoo #feijoogalicia #turismogalicia #FeijóoConVox.

@AIDADEHAYDEE33 #LeyDeMemoriaHistorica #MemoriaHistórica #MemoriaVerdadJusticia #VerdadJusticiaReparacion #EspañaVaciada
@clorenper @garxetdelilla @Cristin38362377 @JoseGarciazx @Luis_iure @lachochona1 @Adho12598420 @asdena95 @etsh_uah @UAHes #DerechosHumanos #TrataSeresHumanos @rafamarcvxii @TSXGalicia @Ruth_9372 @GuisanteHuertas @MONICA78321384 @FarreroAna @AVTDC3 @newstwtt @magnoliafergon @BigDataJurist #ComparteTuCaso @CasosReales_net #PremiosEconomistJurist #GLOBALEconomistJurist @informativoj @AgM0811 @JFerandezG @generoenaccion

#Fiscalia @fiscal_es #FiscalíaSuperior @juecesAPM @AFiscales @RFAI_AIAMP @IgnaciodeLucas3 @TSXGalicia @MinSeg #FiscalGeneral #FiscalSuperiorCyL @cejmjusticia #FiscalíaGalicia #FiscalGalicia #FiscaliaSantiago