A Sala do Civil e Penal do Tribunal Superior de Xustiza de Galicia (TSXG) confirmou a condena de dous anos de cárcere que a Audiencia Provincial de Pontevedra lle impuxo a un acusado de abusar sexualmente dunha menor de nove anos amiga das súas netas cando se atopaba na terraza da súa vivenda, situada en Sanxenxo. O alto tribunal galego salienta que existe “proba de cargo” suficiente para considerar culpable ao sospeitoso, á vez que fai referencia á “evidencia reveladora da grabación videográfica dos feitos, netamente incriminatoria”.
A Sala entende, a diferenza do recorrente, que a acción do acusado “careceu de levedade e contivo unha persistencia tendente a satisfacer o seu desexo sexual á conta da menor”. Os maxistrados coinciden en que os contactos e tocamentos acreditados teñen “un obvio sentido sexual, sen que a brevidade da súa duración faga perder o seu carácter de ataque á liberdade e á integridade sexual da menor”. Ademais, lembran que é “indiferente” que a acción en si afecte “en maior ou menor medida á vítima”, pois o decisivo é que se trate “dun acto de carácter sexual”.
***
El TSXG confirma la condena de dos años de cárcel a un acusado de abusar de una amiga de sus nietas en Sanxenxo
05/06/2020.- La Sala de lo Civil y Penal del Tribunal Superior de Xustiza de Galicia (TSXG) ha confirmado la condena de dos años de cárcel que la Audiencia Provincial de Pontevedra le impuso a un acusado de abusar sexualmente de una menor de nueve años amiga de sus nietas cuando se encontraba en la terraza de su vivienda, situada en Sanxenxo. El alto tribunal gallego subraya que existe “prueba de cargo” suficiente para considerar culpable al sospechoso, al tiempo que hace referencia a la “evidencia reveladora de la grabación videográfica de los hechos, netamente incriminatoria”.
La Sala entiende, a diferencia del recurrente, que la acción del acusado “careció de levedad y contuvo una persistencia tendente a satisfacer su deseo sexual a costa de la menor”. Los magistrados coinciden en que los contactos y tocamientos acreditados tienen “un obvio sentido sexual, sin que la brevedad de su duración haga perder su carácter de ataque a la libertad y a la integridad sexual de la menor”. Además, recuerdan que es “indiferente” que la acción en sí afecte “en mayor o menor medida a la víctima”, pues lo decisivo es que se trate “de un acto de carácter sexual”.