Información
Localidades de Galicia

Manifestacións en San Caetano co lema "FEIJÓO CONTIGO GALICIA VAI A RUINA " e nas mobilizouse nas sete cidades, Vilagarcía e Cee

Información
25 Mayo 2020 607 votos

A CIG desenvolveu este mércores unha xornada de protestas diante de edificios da Xunta de Galiza das sete cidades e máis en Vilagarcía e Cee para denunciar as nefastas políticas económicas, industriais e laborais aplicadas polo Goberno de Feixoo, que se teñen demostrado aínda máis fatídicas na actual situación de emerxencia sanitaria. Con estas accións, realizadas baixo o lema "Protexamos a clase traballadora galega. Feixoo, contigo Galiza vai á ruína", a CIG reclama da Xunta políticas que permitan unha saída á crise favorábel ás maiorías sociais e que doten de futuro a Galiza.

 

En pleno proceso de "desescalada" e de retorno á actividade produtiva, as receitas do PPdG para afrontar a durísima crise -na que xa estabamos de cheo antes da pandemia-, seguen a ser as  mesmas: fomento obsesivo do sector servizos como único motor económico; ausencia dunha política industrial que manteña os sectores produtivos estratéxicos, capaz de atraer novos proxectos e pechar os ciclos produtivos no noso País de forma completa; entrega dos nosos recursos naturais ao servizo de grandes multinacionais e inacción ante a inxusta e imposta transición enerxética; continuísmo nas políticas de recortes e privatizacións dos servizos públicos, dos servizos socias e dos coidados ás persoas; etc.

Unha política que o secretario xeral da CIG, Paulo Carril, cualifica de "suicida para a sociedade galega”, que non é capaz de crear o emprego que se destrúe e que se limita a fomentar “o macro-turismo no Camiño de Santiago a grande escala, a eucaliptización do país, que lexisla en favor das grandes corporacións", afondando así na histórica xeración de graves desequilibrios territoriais, sociais e ambientais e incidindo na precariedade laboral e na emigración como única alternativa para a mocidade.

Demandas da CIG

Fronte a isto, con estas protestas a CIG reclama políticas públicas que  concentren todos os recursos existentes en favor da saúde da poboación e dos intereses das maiorías sociais; e unha política económica e industrial creadora de emprego digno e con salarios xustos, que potencie os nosos sectores agrario e pesqueiro, que defenda o tecido industrial e promova proxectos industriais que completen todas as fases produtivas en Galiza, facendo así que todo o valor engadido quede aquí.

Así mesmo, o dereito a termos unha verdadeira transición enerxética que, matiza Carril, para ser xusta "só pode pasar porque os nosos recursos enerxéticos e naturais se poñan ao servizo dun desenvolvemento industrial que sexa sostíbel social, territorial e ambientalmente". A CIG tamén demanda reforzar os servizos públicos, construíndo un verdadeiro sistema público galego para a atención e coidados de todas as persoas, desterrando as privatizacións dos servizos públicos e dos servizos sociais.

Fraudulenta imaxe reivindicativa de Feixoo

Dende o inicio do estado de alarma, o Goberno Feixoo renunciou a exercer de Presidente de Galiza e funcionou como un recadeiro do ditado polo goberno español ou Bruxelas, "encantado" coa retirada das competencias autonómicas e a centralización da toma de decisións en Madrid, malia a fraudulenta imaxe reivindicativa ante o Goberno español que pretende transmitir e coa que só busca sacar un rendemento electoral.

Neste senso, Carril advirte da nula vontade de Feixoo por afrontar a grave situación que vivimos tentando construír todos os entendementos e consensos posíbeis. Lembra que na rolda de contactos que tivo lugar a pasada semana con organizacións sindicais e patronal, o Goberno galego excluíu a CIG destes encontros, a pesar de sermos a primeira central sindical do país. Unha actuación sectaria que se suma á "xestión ditatorial" que está a exercer Feixoo na pandemia, adoptando medidas sen someterse a ningún tipo de control institucional.

Na avaliación das saídas á crise derivada da pandemia, o desprezo polas institucións galegas chega até o punto de que a Xunta do PP impide a participación de organismos como o Consello Económico e Social (CES) e o Consello Galego de Relacións Laborais (CGRL), que teñen atribucións propias nestas materias, e no que participan axentes socioeconómicos, organizacións sindicais e entidades da sociedade civil de acordo a súa representatividade.

As mesmas receitas de sempre

E mentres ignora a existencia destes organismos plurais crea un "comité de expertos", cuxas receitas inciden nos recortes á clase traballadora: máis ERTEs, menos garantías de emprego, máis flexibilidade e desregulación das condicións de traballo, e máis financiamento público para as empresas a conta de bonificar contratacións e o Imposto de Sociedades ou exoneralas do pago das cotizacións á seguridade social. É dicir, cargan en exclusiva o custe da saída desta crise sobre a clase traballadora.

Ante este perspectiva nada favorábel ás maiorías sociais, a CIG reitera que será a organización,  a loita e a  mobilización as que forzarán o avance nas políticas alternativas que prioricen  e concentren todos os recursos existentes en favor da saúde da poboación e dos intereses das maiorías sociais.

El Presidente de Pladesemapesga solicita la adhesión de los ciudadanos que quieran compartir el escrito de denuncia contra la gestión de la pandemia del Coronavirus por la Xunta de Galicia.  ver más...+ Documentos descagables; 

Descargar este archivo (adhesionaladenuncia-coronavirus-gestionpublica-xunadegalicia.pdf)presentacion adhesiones denuncia-coronavirus.pdf  Descargar este archivo (denuncia-contra-Feijoo-TSXG.pdf)denuncia-contra-Feijoo-TSXG.pdf  Descargar este archivo (escrito de adhesiones a la denuncia..pdf)escrito de adhesiones a la denuncia..pdf  Descargar este archivo (anexo-5-denuncia-feijoo-coronavirus-anexo5.pdf) anexo-5-denuncia-feijoo-coronavirus-anexo5.pdf    DENUNCIA Nº 2 MASCARAS y 3 DONATIVOS Descargar este archivo (denuncia la Fiscalía Anticorrupción y el Crimen Organizado Gestores Coronavirus Xunta de Galicia.pdf)denuncia la Fiscalía Anticorrupción y el Crimen Organizado Gestores Coronavirus Xunta de Galicia.pdf -  último decreto judicial...+  Funcionario Público Millán Calenti "ofendidito "..+

COMUNICADO XORNAL GALICIA; Mar Sánchez Sierra esta utilizando el " modus operandi en Gestión Reputacional..+ " de la Operación Púnica a través  de contratos publicitarios del coronavirus usando intermediarios. ver comunicado completo..haciendo clic aquí.+

Puedes seguir este artículo en; @cayetanaAT @FeijooGalicia @_MartaGonzalez_ #secretariademedios @pp @ppdeg #ppdegalicia @xunta #xunta #retegal #amtega #eleccionesxunta @IdiazAyuso @idiazayuso2019 #retegal #amtega #bng #psdeg #enmarea #ciudadanos #feijoogalicia #galiciafeijoo @TurismoGalicia @Turgalicia @TurismoGalicia1) @turismoriasbaixas @PresumeDGalicia

@ppdegalicia #turismogalicia #costadamorte #xunta #xuntadegalicia #pp #ppdeg #ppdegalicia #riasbaixas #riasaltas #costadamorte #islascies #ascatedrais #ribeirasacra #ribeirasacra #vigo #lavozdegalicia #lacozdegalicia #mermeleros #cloacasperiodismo #TEM_RistoMejide #RistoMejide #TEM #FeijóoConVox #GaliciaSuma #EspañaSuma #EvoMorales #Bolibia #galiciafeijoo #feijoogalicia #turismogalicia #FeijóoConVox.

@AIDADEHAYDEE33 #LeyDeMemoriaHistorica #MemoriaHistórica #MemoriaVerdadJusticia #VerdadJusticiaReparacion #EspañaVaciada
@clorenper @garxetdelilla @Cristin38362377 @JoseGarciazx @Luis_iure @lachochona1 @Adho12598420 @asdena95 @etsh_uah @UAHes #DerechosHumanos #TrataSeresHumanos @rafamarcvxii @TSXGalicia @Ruth_9372 @GuisanteHuertas @MONICA78321384 @FarreroAna @AVTDC3 @newstwtt @magnoliafergon @BigDataJurist #ComparteTuCaso @CasosReales_net #PremiosEconomistJurist #GLOBALEconomistJurist @informativoj @AgM0811 @JFerandezG @generoenaccion

#Fiscalia @fiscal_es #FiscalíaSuperior @juecesAPM @AFiscales @RFAI_AIAMP @IgnaciodeLucas3 @TSXGalicia @MinSeg #FiscalGeneral #FiscalSuperiorCyL @cejmjusticia #FiscalíaGalicia #FiscalGalicia #FiscaliaSantiago