Información
Localidades de Galicia

A dieta atlántica como garantía da lonxevidade

Información
19 Enero 2020 570 votos
1 1 1 1 1 1 1 1 1 1
O reitor recibiu aos representantes  da Fundación Dieta Atlántica, Turismo de Galicia, CSHG e o grupo Lume Atlántico. FOTO: Santi Alvite
O reitor recibiu aos representantes da Fundación Dieta Atlántica, Turismo de Galicia, CSHG e o grupo Lume Atlántico. FOTO: Santi Alvite
Os seus beneficios para a saúde e o medio ambiente foron o punto de partida dunha xuntanza entre representantes da Fundación Dieta Atlántica, Turismo de Galicia, CSHG e o grupo Lume Atlántico de futuras liñas de colaboración

A difusión dos valores da dieta atlántica foron o exito central dunha xuntanza celebrada na Reitoría compostelá coa participación de representantes da Fundación Dieta Atlántica, Turismo de Galicia, Centro Superior de Hostalaría de Galicia (CSHG) e do grupo Lume Atlántico así como do chef Santiago Fernández, e aos que recibiu o reitor Antonio López. O obxecto deste encontro foi a definición de posibles vías de traballo conxunto entre as distintas institucións arredor desta fórmula gastronómica. “Levar esta dieta dende a infancia é garantía de lonxevidade”, explicou Felipe Casanueva, vicepresidente da Fundación, que tamén apelou aos estudos que demostran que é a que menor impacto ten na pegada de carbono.

Casanueva sinalou que a Fundación está a colaborar en diversos proxectos co chef rianxeiro Santiago Fernández, galardoado como Mellor Chef 2018 en Australia, onde tamén traballa como xurado do programa Masterchef, e que tamén estivo presente neste encontro. Posúa banda banda, Mª Nava Castro, directora da Axencia de Turismo de Galicia, destacou a gastronomía galega como un dos principais reclamos turísticos. Tamén salientou a importancia da formación a través da “futura creación dun grao oficial da USC que desenvolvería o Centro Superior de Hostelaría de Galicia”, aspecto compartido pola directora do CSHG Marta Fernández.

Os representantes de Lume Atlántico, Ángel Varela e David Vilariño, deixaron constancia do compromiso da asociación de cociñeiros coa dieta atlántica, e puxeron o foco no interese de difundila fóra de Galicia, dados os seus múltiples beneficios para a saúde e o medio ambiente. A xuntanza concluíu deixando a porta aberta a futuras liñas de colaboración entre Turismo, a USC e os cociñeiros e produtores galegos, co obxectivo de difundir os valores da dieta atlántica, e que contarían con Fernández coma embaixador. Tamén se contemplou a posibilidade da participación da Fundación nas actividades do Xacobeo ou da creación dunha Cátedra neste ámbito. No encontro participaron tamén por parte da Fundación, Rosaura Leis Trabazo e Carlos A. Gómez Otero.

Puedes seguir este artículo en; @cayetanaAT @FeijooGalicia @_MartaGonzalez_ #secretariademedios @pp @ppdeg #ppdegalicia @xunta #xunta #retegal #amtega #eleccionesxunta @IdiazAyuso @idiazayuso2019 #retegal #amtega #bng #psdeg #enmarea #ciudadanos #feijoogalicia #galiciafeijoo @TurismoGalicia @Turgalicia @TurismoGalicia1) @turismoriasbaixas @PresumeDGalicia
@ppdegalicia #turismogalicia #costadamorte #xunta #xuntadegalicia #pp #ppdeg #ppdegalicia #riasbaixas #riasaltas #costadamorte #islascies #ascatedrais #ribeirasacra #ribeirasacra #vigo #lavozdegalicia #lacozdegalicia #mermeleros #cloacasperiodismo #TEM_RistoMejide #RistoMejide #TEM #FeijóoConVox #GaliciaSuma #EspañaSuma #EvoMorales #Bolibia #galiciafeijoo #feijoogalicia #turismogalicia #FeijóoConVox.