Información
Localidades de Galicia

UCGAL pide as autoridades de consumo que investiguen a cancelación do Maestral Fest

Información
21 Agosto 2019 408 votos
1 1 1 1 1 1 1 1 1 1

O pasado 16 de agosto a organización do Maestral Music Festival Sanxenxo emitiu un comunicado anunciando a cancelación de tódolos “eventos previstos no seu recinto” esgrimindo “motivo alleos á organización do festival, e insalvables”. A cancelación afectou a numerosas persoas que quedaron sen poder ver en directo a grupos e artistas como Luar na Lubre, Pablo López, Pastora Soler, Salvador Sobral ou Raimundo Amador.

 

Desde a organización anunciouse que os/as asistentes poderían reclamar o importe aboado polas entradas a través de Ataquilla.com pero a plataforma advertiu vía correo electrónico aos afectados que non se reembolsarían as entradas ata que a organización “realice os ingresos dos importes”. 

Ao longo desta semana, a Unión de Consumidores de Galicia comezou a recibir consultas e queixas de asistentes. Desde persoas que quedaron sen poder ver unha actuación a dous días da mesma ata os que tiñan reservas para trasladarse e durmir en Galicia ou aqueles que despois de varios intentos de comunicación coa organización e Ataquilla.com aínda non recuperaron os cartos das entradas. A casuística é variada e ampla mais todo deriva do mesmo suceso, a cancelación do Maestral Music Festival Sanxenxo.

Ante o número de persoas afectadas, Unión de Consumidores de Galicia considerou necesario tramitar ante ás autoridades de consumo a pertinente solicitude para que se leve a cabo unha investigación dos feitos que depure responsabilidades e impoña as correspondentes sancións.

Así mesmo, UCGAL anima ás persoas afectadas polas irregularidades e cancelación do festival a reclamar non só a devolución do prezo da entrada senón tamén, se fose o caso, os danos e prexuízos derivados como desprazamentos e reservas para durmir. Teñamos en conta que ao comprar á entrada para asistir ao festival, contratouse un servizo que se prestou de forma defectuosa nalgúns casos e noutros, non se chegou a materializar.

Puedes seguir este artículo en; @cayetanaAT @FeijooGalicia @_MartaGonzalez_ #secretariademedios @pp @ppdeg #ppdegalicia @xunta #xunta #retegal #amtega #eleccionesxunta @IdiazAyuso @idiazayuso2019 #retegal #amtega #bng #psdeg #enmarea #ciudadanos #feijoogalicia #galiciafeijoo @TurismoGalicia @Turgalicia @TurismoGalicia1) @turismoriasbaixas @PresumeDGalicia
@ppdegalicia #turismogalicia #costadamorte #xunta #xuntadegalicia #pp #ppdeg #ppdegalicia #riasbaixas #riasaltas #costadamorte #islascies #ascatedrais #ribeirasacra #ribeirasacra #vigo #lavozdegalicia #lacozdegalicia #mermeleros #cloacasperiodismo #TEM_RistoMejide #RistoMejide #TEM #FeijóoConVox #GaliciaSuma #EspañaSuma #EvoMorales #Bolibia #galiciafeijoo #feijoogalicia #turismogalicia #FeijóoConVox.